Xa temos finalísimas das Copas de Xuvenís, Cadetes e Infantís

Xa temos data e horarios para as finais base da #‎CopadaCosta 2015, e nos dará para unha fermosa fin de fútbol:

  • Xuvenís: Esteirana - Dumbría: Sábado 9 de maio ás 17:00h en Agra da Filgueira (Louro).
  • Cadetes: Corme - Cee: Domingo 10 de maio ás 12:00h en San Andrés (Zas).
  • Infantís: XSC - Outes: Domingo 10 de maio ás 10:00h en San Andrés (Zas).

Os resultados estarán ao momento segundo rematen os choques en www.copadacosta.com.

Menudas semifinais

Todo despois dunhas semis bastante apretadas, con algunha eliminatoria que quedaba solventada xa na ida. En cadetes o Cee xa metera un pé na ida e confirmou o seu pase á final vencendo ao Ponteceso tamén na volta, e enfrontarase a un Corme, campión de Liga, que sufríu para superar a un gran Fisterra.

Mentres, en Infantís, o XSC volvía vencer ao Fisterra despois da goleada da ida, mentres que o Outes sufría para aguantar a renda da ida, e ata o último suspiro puido o cadro coristanqués igualar a eliminatoria.

Imos xa co repaso da volta das semifinais en Xuvenís:


Copa da Costa Xuvenil, Volta das Semis

Esteirana - Corcubión (2-1)

  • ESTEIRANA: Álex, Tiko, Bolo, Rafa, Tobío, Adrián, Damián, Jose, Pablo, Jaime (Íker, min.88) e Brais (Edu, min.83).
  • CORCUBIÓN: Miguel, Chava, Isma, Lela, Porto, Óscar, Samuel, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamén xogaron: Junjo e Steven.
  • Goles: 0-1, min.26: Goche; 1-1, min.33: Pablo; 2-1, min.37: Jaime.

Chegaba o Corcubión á Salina coa intención de dar a gran sorpresa, despois de facer un final de temporada excelente. Pero en fronte estaba toda unha Esteirana, un equipo que quedou ás portas da Liga dos campións e que vén cun equipo que o ano pasado quedou campión nos cadetes e que melloraba cada semana. De feito, a liguilla copeira foi case impecable.

Pero o 2-2 da ida deixaba todo aberto, para un comezo do partido cunha Esteirana máis dominadora, pero un Corcubión moi metido no partido e facendo moito dano á contra. Precisamente Goche abría o marcador e os de Senra estaba virtualmente na final.

Foise asentando e tranquilizando o xogo o cadro blaugrana, e comezaron a chegar á área rival, e nunha falta ao borde dá área Pablo anotaba un golazo que empataba o partido. E aínda antes do descansom nunha xogada individual e de moita clase, Jaime acadaba o 2-1 que daba a volta á eliminatoria e que obrigaba ao Corcubión a saír polo partido na segunda.

Pero a Esteirana saía mandona, tocando ben, ante un Corcubión que seguía facendo moito dano nas contras. De aquí o final a Esteirana nadou e gardou a roupa e o Corcubión aínda tivo algunha escapada que puido mandar a eliminatoria aos penaltis.

A Esteirana verase ante todo un Dumbría, que vai polo triplete antes de afrontar a Fase de Ascenso á Liga Galega. E de paso quere felicitar ao Corcubión pola súa gran Copa e o bo facer, señorío e deportividade do seu corpo técnico, destacando o traballo de Senra á fronte deste equipo que tanto mellorou en só unha temporada.


Dumbría - XSC (6-0)

  • DUMBRÍA: Jorge, Roberto, Maikel, Cabana, Canario, Yeray, Mauro, Cacha, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Isma, Marcos Mouro, Bruno e Pablo Paz.
  • XSC: Coke, Ismael, Dani, Xoel, Carlos, Adrián, Tefi, Landeira, Fabián, Anxo e Barbeira. Tamén xogaron: Santi, Chiki e Parri.
  • Goles: 1-0, min.14: Marcote; 2-0, min.17: Marcote; 3-0, min.22: Juan de Dora; 4-0, min.38: Edu; 5-0, min.72: Charly; 6-0, min.77: Maikel.

Chegaba a eliminatoria case sentenciada tralo 0-2 da ida, e o Dumbría non deu opcións ao único equipo que esta temporada puido vencelo. O cadro dumbriés saeu con todo, e con momentos de bo futbol xa tiña o choque sentenciado aos 20 minutos cos tantos de Marcote e Juan de Dora, incontables este curso. Antes do descanso fixo Edu unha xogada para enmarcar para facer o 4º tanto.

Tivo tamén na primeira metade un par de boas ocasións os xalleiros, solventadas moi ben polo meta Jorge con dúas boas paradas. Ata 3 cadetes tendo minutos en categoría xuvenil como foron o meta Jorge, e os Marcos Mouro, ex dos xalleiros ademais, e Pablo Paz, cadete que debutaba co cadro xuvenil.

O XSC de Jota e Rubén Forján pecha así unha temporada bastante boa, participando na Liga dos campións e meténdose nas semis de Copa.


Crónicas dos Xuvenís

Copa da Costa Xuvenil: 2ª Fase: 1ª Fase:

Crónicas da semana

Primeiros títulos colleitados

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).