Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa

Xuvenís: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa
Fisterra e Esteirana de xuvenis-Foto-Marcos

Despois dos Oitavos a partido único, chegaron xa as eliminatorias de Cuartos da Copa da Costa Xuvenil, e nesta Ida quedaron poucas cousas claras. A única que parece segura é a clasificación para as semis do Dumbría, que non cedeu nada ao Muxía e leva unha renda para o Conco que parece suficiente.

Polo demais, XSC e Camariñas demostraron a súa igualdade ao longo da tempada cun empate en Fontenla. O mesmo lle pasou a Fisterra e Esteirana, que pelexaron na Liguilla copeira ata o final e que arrincaron os cuartos cunha vitoria pola mínima dos locais que deixa aberta a clasificación. A sorpresa protagonizouna o Corcubión, a gran revelación desta Copa despois dun gran ano de traballo de Senra, que vencía nada menos que nas Redondas, dando un paso cara as semis.

Sabedes que tendes sempre o cadro actualizado dende que rematan os partidos en www.copadacosta.com.

Cabana - Corcubión (2-3)

Cabana-Corcubion nas Redondas-Foto-Jorge
  • CABANA: Vázquez, Javi, Cristian, Laik, Martín, Mateo (David Varela), David Muíño, Alex(Aurelio), Redondo, Reigía e Pablo.
  • CORCUBION: Miguel, Chava, Isma, Lela, Marcos, Germán, Mario, Goche, Óscar, Tito e Samu. Tamén xogaron: Junjo e Álvaro.
  • Goles: 0-1, min.10: Tito; 1-1, min.27: Pablo en xogada personal; 1-2, min.32: Tito nunha contra; 2-2, min.68: Redondo culminando unha boa xogada de equipo; 2-3, min.81: Goche.
Choque entre Cabana e Corcubion-Foto-Jorge

Tivo lugar nas Redondas a sorpresa destes Cuartos. O Corcubión, despois dunha Liga moi mala na que apenas puido sumar 4 puntos, pero xa convertido na revelación da Liguilla copeira, sacou unha vitoria pola mínima no campo dun Cabana, un dos equipos que estivo pelexando por representar á Costa da Morte na Fase de Ascenso á Liga Galega ata o final.

E foi nun partido no que o equipo de Senra, que leva un ano de traballo duro con este grupo, estuvo máis acertado cara o gol. Foi un choque igualado, sen un dominador claro e con alternativas no xogo, sempre co Corcubión un paso por diante adiantándose ata en 3 ocasións no marcador. Respondeu dúas veces o equipo de Óscar Lema pero á terceira xa non houbo tempo.

E iso que a primeira e a última ocasión do partido foi dos cabaneses, pero co 2-3 e o tempo cumplido, despois dos dous goles de Tito, unha das sorpresas da Liga, un espigado rapaz que xa compite na 3ª Autonómica cos maiores, e de Goche, Javio estrelou un gran disparo no poste da portería do Miguel.

Corcubion deu a sorpresa nas Redondas

Fisterra - Esteirana (3-2)

Fisterra de xuvenis con Brais e Mario-Foto-Marcos
Comentarios