Xuvenís: Do que non pode pasar nun campo do Fútbol da Costa


Xornada marcada pola tangana vivida o final do encontro entre Camariñas e XSC, “sendo un espectáculo lamentable para os espectadores, e que desde o propio Camariñas non queren deixar pasar, e tomar duras medidas para que non se volva a repetir”. Así o recoñece o propio adestrador camariñán Gerpe, que entende un despropósito o acontecido co colexiado, cos xogadores xalleiros e co propio autobús, se ben o escrito de alegacións presentado pola Directiva non é nin moito menos tan duro como debería.
Agora o contamos polo miúdo, pero antes repasamos os aspectos deportivos, pero o que queda claro, é que estes líos teñen que quedar fóra dos campos.
Pois o cadro xalleiro, despois de superar aos camariñáns nun choque igualado e bonito (exceptuando a trifulca final) terá que enfrontarse ao poderoso Dumbría, que segue na súa liña. Polo outro lado do cadro, o Corcubión completou a sorpresa ante o Cabana e se mete nunhas semis nas que se enfrontará a unha gran Esteirana, que superaba a un Fisterra que fixo este curso unha gran campaña.

Lío en Camariñas
Era un partido con moita tensión, duro, pero nada máis do esperado, con remontadas e alternancia no marcador, e con dous equipos que pelexaron sempre ao cen por cen. Pero todo se transformou ao remate do partido. Pitou o colexiado e varios xogadores locais se achegaron para protestar, ao que responderon varios afeccionados saltando ao campo.
Un dos que saltou foi Iván Solís, adestrador do Zas xuvenil e que estivo cos xalleiros media temporada, e que se meteu a defender ao seu cuñado, que estaba sendo empurrado por uns xogadores locais; emais ao colexiado, que recibíu varios empurróns, un botellazo bastante forte dun xogador camariñán e segundo el, algunha amenaza. Levou tamén Solís, que segundo os xogadores locais estivo berrando boa parte do choque, un par de boas patadas que aínda lle doen. Ata Corredoira, o míster xalleiro no partido de onte, tamén levou un par de puñetazos.
A cousa non rematou aí. O maior líos chegaba á saída dos vestiarios. O autobús saía do Hermanas Patiño, pero había unhas pedras no medio do camiño para impedir o paso do autobús. Houbo que chamar á directiva do Camariñas pois tiñan medo que lles fixesen unha emboscada, e foi o propio Vicente Carril, presi do club camariñán, o que acompañou á expedición xalleira (formada polo plantel, a directiva e uns 10 familiares) ata o porto de Camariñas.
Parece que toca unha boa sanción ao equipo camariñán, que como dicimos non quere deixar pasar a ocasión para intentar solventar algúns asuntos internos e externos, que lle están a dar unha imaxe negativa. De feito, dende o XSC nos aseguran que a directiva se portou ben, pero esas alegacións volven poñer de manifesto que non vai facer todo o posible por intentar evitalo. O club conserveiro saben quen foron os protagonistas dos problemas, e ademais deses 3 xogadores expulsados, que teñen que se ben casttigados”, recoñecíanos o propio Carril, “temos identificados aos culpables dos líos, de varias agresións e do das pedras, que son uns rapaces atravesados que non forman parte do club, e que xa temos controlados”, asegura o presidente.
En todo caso, dende o club camariñán, en todo caso, quixeron criticar a actitude provocadora do colexiado (tamén argumentaron algún erro), pero non queren esquecer o “espectáculo lamentable e bochornoso”, como recoñece o que fixo de adestrador e delegado camariñán, Gerpe. Outros que pediron perdón foron varios pais dos xogadores do Camariñas aos familiares xalleiros, polo “momento quente” que se viu ao final do partido.
Aquí vos deixamos as polémicas alegacións do Camariñas:
Alegacións do Camariñas
El partido se estaba disputando de manera muy cordial entre ambos equipos y la deportividad era absoluta enter ambos equipos y afición, unas 30 personas aproximadamente del Camariñas, en las gradas y otras tantas del Xallas de Santa Comba. Con el resultado a favor del Camariñas por 1-0, el colegiado, dió por válido un gol en fuera de juego claro a favor del Xallas, (acto que el mismo colegiado admitio en los vestuarios una vez acabado, delenate del entrenador del Xallas, un directivo del Camariñas y yo mismo). Unos minutos más tarde volvía a marcar el Xallas de falta inexistente y señalizado con maneras despectivas hacia el equipo local, en el cual el jugador Sergi Bouzas, efectivamente protestó con los términos que indica en el acta, pero nunca las últimas palabras "estás en Camariñas, ándate al loro", porque incluso, fué el colegiado quien dijo de forma irónica al jugador expulsado, que esta mañana se levantara con muchas ganas de pitar al Camariñas, dada la fama que teníamos. Una vez cometidos los dos errores graves, en vez de intentar llevar el partido a su cauce anterior de deportividad, ni siquiera advirtió a nadie de la burla que un grupo reducido del público del Xallas, saltó a la esquina del corner a sacar el balón al jugador nº 10 cuando se disponía a sacar un corner. Eso fué provocando la ira en el público local contra ese grupo reducido de visitantes.
El colegiado siguió pitando faltas clarísimas con un criterio diferente entre los dos equipos y siempre perjudicando a los locales. Entre los aficionados del Xallas, se encontraba el entrenador de juveniles del Zas, insultando a todo cuanto jugador local corría por su banda, durante el encuentro, y fué cuando un aficionado local, increpó al árbitro en el siguiente término, que para nada nuestro club está a favor de ninguna violencia : "Eres un hijo de puta, ya nos robatse todo contra el Zas, cabrón". Y el colegiado le respondió con una peineta.
Una vez pitó el final del partido, el público del Xallas y del Camariñas, saltaron al campo, a apartar a sus jugadores, pero ese grupo reducido del Xallas, se puso a dar patadas a 2 jugadores del camariñas y fué cando se armó la tangana, y el delegado local, que también ejercía de entrenador, se dispuso a reunir a sus jugadores y llevarlos para el vestuario, haciendo lo mismo el entrenador rival. No pudiendo hacer más el delegado, y no eran cuatro aficionados del Camariñas, los que acudieron a salvaguardar al colegiado, sinó, un aficionado, dos directivos y un amigo del aficionado que recibió la "peineta" del árbitro durante el encuentro, y nunca corrío ningún peligro, porque cuando le pidió este mismo al delegado que fuera vigilar su coche, dos directivos y un aficionado local, comprobaron que estaba todo correctamente y el aficionado que corría detrás de él, fué reducido por los demás.
Siguieron con el árbitro hacia los vestuarios y lo acompañaron hasta su coche, que en ningún caso sufrió desperfecto alguno, ni tampoco se produjo, ningún tipo de infracción física ni material a nadie. Sí muchos insultos que el club no comparte y lamentamos profundamente los hechos, porque camariñas no es en la actualidad, lo que élárbitro, piensa, porque se ser así, no hubiesen colaborado con la directiva, a apaciguar los ánimos, porque 50 personas, serían imparables.
Lamentamos también la actitud, del sector de público del Xallas y también lamentamos el pequeño impacto de la botella de agua, del jugador Felipe. Deseamos profundamente dese el club, que no seamos los únicos perjudicaods, y ojalá el árbitro, no se ensañe, de esa manera con ningún equipo ni aficionado, como así lo hizo. Porque sabemos que no es mala persona e igual comportamiento de burla y provocación de parte de los aficionados del Xallas.
- Don Vicente Carril Lema.
- CABANA: Vázquez, Aurelio, Ferreiro, David Varela, David Muíño (Cristian), Álex (Pablo), Redondo, Mateo (Javi), Laik (Grille), Martín e Reigía.
- CORCUBIÓN: Keylor, Chava, Porto, Isma, Lela, Samu, Mario, Germán, Óscar, Tito e Goche. Tamén xogaron: Álvaro Pepo e Steven.
- Gol: 0-1, min.70: Reigía de falta.
- ESTEIRANA: Xaco (Alex, min.46), Tiko, Bolo, Rafa, Tobío (Anxo, min.73), Brais, Jose (Rubén, min.76), Pablo (Iker, min.83), Damián (Jaime, min.53), Manu e Juan.
- FISTERRA: Aarón, Iago, Ángel (Juanfran), Andrés, Senra, Gabi, Breixo, Golpes, Asier, Pichino (Dani) e Adrián.
- Goles: 1-0: Jose; 2-0: Manu; 3-0: Juan; 4-0: Juan; (descanso) 5-0: Jaime; 5-1: Breixo de penalti.
- Expulsións: os fisterráns Senra e Gabi Golpes.
- CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Miguel, Sergi, Pose, David, Adrián, Brais, Joseba (Manuel, min.70), Pablo (Dani, min.75) e Javi.
- XSC: Coque; Landeira, Pérez, Carlos, Xoel, Dani (Ismael); Anxo (Santi Díaz), Fabián, Adrián, Chiqui (Tefi) e Barbeira.
- Goles: 1-0, min.15: Javi; 1-1, min.44: Anxo; 1-2, min.47: Adrián; 2-2, min.75: Javi; 2-3, min.62: Fabián.
- Expulsións: O local Sergi.
- DUMBRÍA: Jorge, Portu, Maikel, Cabana, Jano, Marcos Mouro, Mauro, Cacha, Edu, Juan e Marcote. Tamén xogaron: Charly, Isma, Josiño, Yeray e Pardiñas.
- Goles: Marcote (4), Juan (2), Isma (1), Josiño (2), Charly (2), Marcos Mouro (1), Jano (1), Pardiñas (1), Maikel (1).
- Ida Cuartos: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa.
- Oitavos: Unha Semana Santa de emocións ca Copa da Costa.
- X.10: Os Miúdos dan o salto.
- X.9: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
- X.8: O Cabana apreta a Fase de Ascenso.
- X.7: XSC e Camariñas pegan primeiro.
- X.6: Pelexando por acompañar ao Dumbría.
- X.5: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
- X.4: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría.
- X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
- X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
- X.1: Arrincaron as segundas fases.
- X.18: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- X.17: Cousas que decidir nos dous Grupos Norte e Sur.
- X.16: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta.
- X.15: Outro título da “Doble L”.
- X.14: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- X.13: 7 equipos para 6 postos.
- X.12: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas.
- X.11: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur.
- X.10: 13 equipos en loita:
- X.9: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte.
- X.8: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- X.7: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza.
- X.6: Pelexando polo podio.
- X.5: Sen dominadores.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
- Ligas Galegas: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- 3ª Autonómica: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- 2ª Autonómica: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- 1ª Autonómica: Á Esteirana non lle chega con gañar.
- Preferente: Un gol de Vía Rápida dalle o derbi ao XSC e case sela a permanencia.
- Resultados e análise dunha xornada con absolutamente de todo no Fútbol da Costa.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Corcubión - Cabana (0-1)
Non foi suficiente o gol de falta de Reigía para acadar a remontada despois do 2-3 da ida, e o equipo de Senra confirma a sorpresa superando a todo un Cabana e colándose, polo valor doble dos goles fóra da casa, nas Semis da Copa.
O cadro de Senra soubo aguantar ben as embestidas dun Cabana que saíu a por todas dende o comezo, conscientes de que tiñan que mellorar o nivel ofensivo. Crearon ocasións, xerando ás veces superioridade polas bandas, pero o Corcubión estivo moi ben armado todo o partido cunha gran disposición táctica de Senra, e sabendo cales son as súas armas, como esas rápidas contras de Tito e Goche que tamén crearon perigo pero que salvaba Vázquez.
Marcaba Reigía, de falta, cando quedaban 20 minutos pero non puido o Cabana amosar demasiada pegada no treiro final, e o Corcubión, tras un gran traballo, ten premio a esta convulsa temporada que comezaba en cadro pero que demostra unha melloría e un traballo impresionante. Por bando cabanés, Óscar Mingui tamén pecha un ano completo, de alegrías e decepcións, pero de moito traballo e entrega.
Esteirana - Fisterra (5-1)
Era un dos partidos máis igualados dos Cuartos, cos dous equipos que pelexaron no alto da Liguilla copeira. Pero a Esteirana, sorprendiu coa súa intensidade inicial, e saía moi metida arriba, presionando, roubando e saíndo en rápidas contras. Aos 10 minuts xa se metía por diante e pouco despois facía o segundo. Intentou reaccionar o equipo de Falito, pero non puido e antes do descanso Juan, con dúas fermosas xogadas individuais, sentenciaba a eliminatoria, deixando unha segunda metade que só permitiu que o Fisterra marcase o gol da honra dende os 11 metros.
Remata así a temporada para Falito, que leva un ano cunha implicación brutal á fronta do sempre complicado equipo xuvenil fisterrán.
Camariñas - XSC (2-3)
Partido de tremenda intensidade e alto ritmo o disputado por Camariñas e XSC onde os xalleiros comezaron moi fortes, cun lanzamento ao pau de Landeira, pero que igualaría o Camariñas para, na súa primeira acción ofensiva clara, adiantarse no marcador e poñendo a eliminatoria ao seu favor con tanto de Javi, que a pesar de recibir unha boa marcaxe por parte de Pérez fixo dous goles. Unha marcaxe que fixo saltar as chispas entre os dous, véndose cousas que non se deben dar a estas idades.
O Camariñas mantiña o control do partido, pero a presión dos xalleiros veríase recompensada no último minuto da primeira metade, cando unha indecisión da zaga local era aproveitada por Anxo para levar o empate ao marcador. Un gol que protestaron os locais por posible fóra de xogo e que foi detonante para as protestas finais.
A igualdade mantívose na segunda metade, na que se adiantou moi pronto o XSC, nun cabezazo completamente só de Adrián, tras unha falta tamén protestada polos locais. Aí xa chegaban as primeiras e serias protestas dos xogadores camariñáns que viron algunha tarxerta, pero que tamén criticaron algunha frase chulesca do colexiado.
Pouco lle duraría a vantaxe aos visitantes, pois o Camariñas, nun balón perdido pola defensa xalleira alcanzaría o empate por medio de Javi Antelo de gran disparo desde fóra do área. A eliminatoria estaba agora do lado camariñán, era un ir e vir.
Pero se refixo o XSC e Fabián anotaba un golazo dende 30 metros que volvía colocar por diante aos visitantes e volteaba novamente a eliminatoria, cando restaban pouco máis de 25 minutos. De aquí ao final, moita tensión, varios intentos do Camariñas e bo labor defensivo e contragolpes do XSC que puido sentenciar o partido en oportunidades de Barbeira e Santi Díaz.
Dumbría - Muxía (15-0)
Non tivo piedade o Dumbría deste Muxía que, en todo caso, pecha unha moi boa campaña. A pesar de deixar fora da convocatoria a xogadores importantes e de facer 5 cambios no descanso retirando a 5 titulares importantes os que entraron na convocatoria e no descanso non baixaron o nivel e demostraron querer pelear por un posto no equipo de cara a parte final da copa e sobre todo a fase de ascenso. I é que hai que recordar que este equipo segue traballando de cara a fase de ascenso e non pode relaxarse pois será unha fase dura e complicada, e non pode baixar os brazos.
Despide Javier Espeto unha boa temporada, de menos a más, co cadro roxiño.