Cristian Méndez: "Pois a verdade é que os aplausos danche enerxía para seguir con todo isto adiante"

Militar por Madrid e goleador na Costa, repasamos a actualidade con Cristian Méndez, xogador da Unión Deportiva Cerqueda.
- QPC: Como estás a vivir persoalmente esta situación do coronavirus?
Estouna vivindo con paciencia e tranquilidade, que é o que se debe facer, intentar distraerte con outras cousas e non estar pensando seguido que tes que estar encerrado na casa.
- QPC: Eres militar e estás dentro da Operación Balmis. Cal é a túa labor?
Si, estamos coa Operación Balmis. A miña labor é desinfectar residencias de ancianos, hospitais, e lugares onde se cre convinte que pode estar o virus, e vixiar a rúa, que a xente non se salte as normas, axudando tamém o que nos pide a xente.
- QPC: Como está ser o comportamento da cidadanía?
Pois a verdade é que hai de todo, pero en xeral a xente aquí en Madrid respecta o que se lle di que hai que facer, e sabe do problema que estamos a vivir.
- QPC: Con que problemas vos atopades a diario? Malia ser un asunto moi serio, algunha anécdota singular (algún argumento deses que hai que contar?)
Problemas de todo tipo, xente sen un teito donde vivir que está na rúa, que non ten que comer e eso queiras ou non pois chegache adentro, E axúdalos o pouco que podes. Por exemplo, atopámonos cunha familia así e démoslle a comida que tiñamos enriba nese momento, pouco mais podes facer.
Outra anéctoda que nos pasou, dous chavales que se estaban saltando o confinamento e pregúntaslle que fan na rúa e un diche que van a comprar e outro diche outra cousa… e claro aí vese donde non se dan conta do problema que estamos vivindo.
Logo unha señora que lle axudamos a levar a compra a casa, e a casa estaria non sei a 3-4km e a pobre señora ía cargada ata máis non poder.
E bueno, hai mil historias máis…
- QPC: Estades sentido como propios eses aplausos que a cidadanía estamos brindando cada día ás 20:00h? Que vos din por aí os veciños?
Pois a verdade é que os aplausos danche enerxia para seguir con todo isto adiante. Vés como a xente te apoia desde os balcóns e che berra grazas por todo, e mil cousas máis. Atopámonos con varios nenos, que nos dician que éramos os mellores e os pobres dicíannos que xa tiñan gañas de saír á rúa a xogar, e nós dándolle ánimo que xa queda pouco.
A xente en xeral está orgullosa do que estamos a facer, sanitarios, caixeiros de supermercados, camioneiros etc…
- QPC: Estás na sección de paracaidismo, estabas preparado para o que estás a vivir?
Si,estou na Brigada Paracaidista, aquí preparámonos para todo o que poida pasar día a día, pero agora co coronavirus tivémonos que adaptar a cousas que nunca fixéramos, pero sempre estamos preparados para o que faga falta.

- QPC: A polémica dos test, fixéronche as probas, tes medo a ser infectado?
A polémica dos test… A situación é moi complicada para todo mundo, non hai diñeiro para todo, e bueno as probas non mas fixeron. E medo a infectarte sempre tes, isto é o traballo que elexín e pasase o que haxa que pasar.
- QPC: Por sorte na Costa, non está sendo demasiado grave, pero ti que o vives en Madrid como poderías explicar a situación?
Na Costa vexo que non foi demasiado grave. Aquí si, vívese de todo, e ves situacións difíciles que che dan impotencia a non poder facer nada. Pero as cousas son así e queda aguantar e que pase o antes posible todo isto.
- QPC: O traxe de militar sempre impón, pero onde es máis temido, cando encaras o porteiro ou cando te ven traballando?
Pois a verdade é que a xente si que che teme con este uniforme e non debería ser asó, porque estamos para axudar nada máis. E cando encaro ao porteiro, creo que o porteiro lle entra a risa, que a min o de metela dáseme mal… jajaja
- QPC: Está tempada xa empezou rara para ti, destinado en Madrid, tocouche moitas veces, vir, xogar e volver a marchar.
Si, é unha situación un pouco tola. Ir algúns findes só para xogar, moitos xa me din que estou mal da cabeza, collo o coche e 6h para ir o venres e logo o domingo acabamos o partido sobre as 19:00 e algo e son outras 6h no coche para volver. E claro, chego morto a Madrid as tantas da noite e o lunes toleo cando me levanto. Pero bueno, xogar é o que me gusta, e máis o fútbol da Costa co bonito que é.
- QPC: Este ano o Cerqueda esperaba dar un salto de calidade, despois de varias tempadas no top7. Grandes xogadores viñeron, pero pódese dicir que se fracasou?
Pois ata eu mesmo me sorprendín porque demos un salto de calidade brutal. Pero ó ser o primeiro ano con bastante xente nova ó principio costa, creo que nos faltaba rodaxe, pero que ter tiñamos moi bo equipo, e ainda quedaba liga para poder quedar máis arriba.
- QPC: Es un rapaz, futboleiro e festexeiro, que botas máis de menos?
Entre a festa e o fútbol… 50-50 creo eu jajajaja.
Boto de menos pois ter unha vida normal, ir tomar algo cos colegas, ir de festa, os findes de fútbol, e un pouco de todo.
- QPC: Como esperas esa chamada “nova normalidade”, cando por fin se acabe o Covid 19?
Espero que pase moi pronto, que xa hai ganas de volver á normalidade. O primeiro que faga será ir ver a miña nai, e despois haberá que ir beberlle unhas augas ao bar cos compañeiros vendo algún partido, e espero volver pronto a xogar un domingo de Fútbol da Costa.
Entrevista en directo
- O director deportivo do Fisterra confésase en QPC.
- Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa
- Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC
- Unha hora de multi-conversa con Huelvis.
- Unha hora de conversa sob FutFem con Fran Figueroa.
- Os mellores momentos da entrevista a Oscar Leis en QPC.
Entrevistas #Futfem
- José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”.
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Unha nutritiva conversa entre David Velo e Eloy Calvo.
- Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”.
- David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”
- Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles”.
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.