Recunchos da Costa: Cabo Touriñán

Foto do Faro Touriñán do Rally Fotográfico Casa da Meixida

Outros dos recunchos evidentes e obrigatorios que temos que recoller no noso Mapa de Recunchos da Costa é o Cabo, e o Faro Touriñán.

Un espazo que estes tempos está collendo unha soa especial por ser, durante unha parte do ano, o lugar que recolle cada día o último raio de sol da Europa Continental. Ese posicionamento como último solpor de Europa está convertindo o lugar nun espazo de culto.

Solpor no Tourinán-Foto-Rafa Quintáns

Pero a riqueza de Touriñán vai moito máis alá. Lonxe quedaron as disputas co Cabo da Roca por ser o punto máis occidental da Europa continental (a ciencia é rotunda en favor do cabo portugués). Pero máis alá da ubicación, a natureza salvaxe que se pode respirar dende este cabo é impresionante. Sen viraventos nin piscifactoría como o seu veciño do norte (a piques estivo de ser invadida en varias ocasións), o goce dende os cantís da Gaivoteira do bravo mar Atlántico e o zumbido do vento son parte básica na visita.

Vista do mar dende o Cabo Tourinan
Barca no banco de Touriñán

O primeiro Faro, construído en 1898, foi substituido en 1981 polo edificio actual (que se mantén pechado pola Autoridade Portuaria).

Antes de chegar ao faro está a preciosa aldea de Touriñán, coas súas pequenas e aínda precarias casiñas de pedra no medio do verde.

Foto- Rally Casa da Meixeida
Vista aérea Faro Cabo Touriñan- Fotografía- Paco González

Como chegar

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA