Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Denuncian sondeos ilegais da empresa mineira

Denuncian sondeos ilegais da empresa mineira
Sondeos na mina de ouro de Corcoesto-Foto-Edgewater

Volven a asociación de Corcoesto Petón do Lobo e mais a Plataforma en Defensa de Corcoesto e a Asociación de Veciños de Cereo denunciar o que entenden como prácticas ilegais da empresa Mineira de Corcoesto SL. Ambas entidades presentaron as súas denuncias considerando que a empresa está a realizar sondeos ilegais, levados a cabo "fóra das cuadrículas mineiras que configuran o Permiso de Investigación que teñen concedido á día de hoxe".

Dende o Petón do Lobo aseguran que a empresa está realizando sondeos en puntos que están no Permiso de Investigación Julia 2, aínda en tramitación, e Julia 3, tamén en tramitación. Por iso, solicita á Sección de Minas da Delegación Territorial de A Coruña que "se proceda á sanción inmediata da empresa Mineira de Corcoesto, e á paralización inmediata dos devanditos sondeos, xa que logo, non están amparados por ningunha autorización administrativa, e por tanto non cumpren cos requerimientos ambientais exixidos, alterando a capa freática e poñendo en perigo os acuíferos e manancias existentes, ao non existir ningún control da Administración ao respecto". Ademais, non descarta a vía xudicial de seguir con estas prospeccións e sondaxes.

Ademais, a entidade volveu entregar informes á Consellería de Medio Ambiente denunciando a eliminación do río Lourido, e non o seu desvío como sinala a empresa. Unha visión criticada dende os pro-mina, pero segundo Ismael Antonio López Pérez, presidente do Petón do Lobo, "tan só se desvía o río Rego de Fonte Cardeira, e se fan desaparecer outros dous regos que nutren o val fluvial de Lourido. Así o río Lourido, que nace máis abaixo, na confluencia das dúas vaguadas conformando un val, queda atrapado pola balsa de floración e a escombreira", polo que piden a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental.

Máis denuncias veciñais

Paralelamente, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e a Asociación de Veciños de Cereo presentaronn alegacións semellantes ao permiso de investigación Julia 2. As alegacións foron asinadas por máis de 2.200 persoas afectadas, e piden que Corcoesto, Cereo e Valenza sexan declarados como áreas de especial protección no Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia.

Ademais, solicitan a anulación da Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto mineiro de Corcoesto polas pretensións de Edgewater de tratar o mineral procedente doutras concesións mineiras na planta de Corcoesto.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios