3ª Autonómica: Ameixenda e Coristanco manteñen o pulso e o Nantón dalle a volta á tortilla



Dúas loitas abertas con só 2 xornadas por diante para rematar a 3ª Autonómica - Clínica Xunqueira. Por arriba, Ameixenda e Coristanco seguen man a man ca pelexa polo ascenso directo. A semana que vén, un fraticida Coristanco-Ameixenda con ascenso directo como premio.
Mentres, na Promoción, 4 equipos pelexan por non quedar sen cadeira. Se o Muxía non podía facer nada ante o Ameixenda e queda con 2 puntos de vantaxe, pola contra o Corcubión goleaba ao Castrelo e colle 3 puntos de marxe. O choque era o das Fontiñas, cun Nantón que coimezaba forte, un Lira que respondía, empataba e mesmo case se metía por diante, e un Nantón que acababa pegando de novo e roubándolle esa 4ª praza de Promoción ao cadro liracho.
>Quedan dúas xornadas, con Corcubión e Nantón cun partido máis. O Corcubión e o Muxía non poden fallar a semana que vén co Laxe e Castrelo, e poderían asegurar praza dependendo de como quede o Lira co Cerqueda. Iso, si, o Lira podería aproveitar e meterse de novo aproveitando o descanso do Nantón.
Ameixenda - Muxía (6-1)
- AMEIXENDA: Óscar Riolo, Jorge (Purty, min.70), Samuel, Bichiño (Mateo, min.85), Jesús, Javichu, Camacho, Momaño (Demetrio, min.75), Mario (Álex, min.58), Andrés e Cristian.
- MUXÍA: Papi, Peski, Currás, Esteban (Antonio), Martín, Conguito, Gerardo (Ruso), Julián, Alberto (Jonathan), Arxires e Víctor Alcaina (Josiño).
- Goles: 1-0, min.2: Cristian; 2-0, min.32: Andrés; 3-0, min.45+1: Camacho; 3-1, min.47; Víctor; 4-1, min.68: Momaño; 5-1, min.70: Cristian; 6-1, min.83: Cristian.
Partido para esquecer do Muxía, que parece que non se xogaba nada. Chegaban con moitas baixas os de Suso, e un gol tempraneiro xa os sacava do partido. O Ameixenda tivo o mando do partido e foi percutindo ata completar o set e o partido.
Castrelo - Corcubión (0-4)
- CASTRELO: Caamaño, Berdoias, Quintáns, Pichón, Cachi, Ozón (Víctor), Stiven, Luís (Suso), Roi, Rafa e Elvis.
- CORCUBIÓN: Beto, Balucho, Trillo, Jesús, Marco, Toja, Gabi, Alan, Lema, Lourido e Gorka. Tamén xogaron: Senra, Miguel, Checho, Javi e Javi Floreal.
- Goles: 0-1, min.40: Toja; 0-2, min.55: Lema; 0-3, min.65: Lema; 0-4, min.70: Javi Floreal.
- Expulsión: o corcubionés Lourido.
O Castrelo presentábase con 13 homes xa que tiñan moitas baixas para xogar, ante un Corcubión necesitado de vitoria para volver colarse nos postos de Promoción. E non fallou o equipo de Lema. O partido empezou cun partido moi igualado con ocasións para os dous pero sería o Castrelo o que se adiantaria no marcador pero o árbitro o anulaba, e na seguinte ocasión o Corcubión pediría unha falta do porteiro fóra da area que o árbitro tampouco quería ver. Xusto antes do descanso Toja adiantaría aos corcubioneses.
Na segunda parte, o Corcubión seguía dominando, pero tivo lugar outra xogada semellante, o Castrelo ve como lle anulan un tanto e á volta o Corcubión fai o segundo. Rafa puido recurtar pero Beto estivo atento, e o Corcubión sentenciaba pouco despois.
Cerqueda - Coristanco (1-2)
- CERQUEDA: Angel (Gesto, min.46), Sergio (Bastón, min.75), Dani, Atu, Pailos, Alberto Verdes (Jacobo, min.46), Lorenzo, Luchi (Uru, min.60), Dani Seaia, Darío e Martín (Javi, min.65).
- CORISTANCO: Alberto, Mato (Damián, min.50), Rubén, Sergio, Marcos, Iván, Pazos, Toni (Ivi, min.46) (Xavi, min.60), Juan (Mallón, min.85), Gonzalo (Cristián, min.70) e Joni.
- Goles: 1-0, min.7: Darío; 1-1, min.75: Juan; 1-2, min.85: Gonzalo tras un córner.
- Lesión: o verde Joni.
Partido moi vibrante e entretenido, que empezaba co Cerqueda mandando, con moi bo xogo e xa no minuto 7 Darío abría o marcador de disparo dende área pequena. Luchi tuvo un man a man pero a vaselina saiu por pouco. O Coristanco non se atopaba e o xuvenil Alnerto tiña que sacar varias ocasións dos locais.
Necesitaba reaccionar o equipo de Da Silva para manter a pelexa polo ascenso directo. E saíu a por todas, ben enriba e con moita forza a balón parado e as segundas xogadas. Dani salvou ata 2 veces debaixo dos paus o gol dos visitantes en varios tiros de Gonzalo, pero sería Juan o que faría o empate finalmente.
Rompíase o choque. O Coristanco volcado pola vitoria e o Cerqueda sacando contras que ben puideron definir o choque, e mesmo pediron un penalti sobre Darío. Pero foi case ao final o que Gonzalo marcaría tras un córner de Juan, que o mantén na pelexa co Ameixenda.
Nantón - Lira (4-3)
- NANTÓN: Ernesto, Lareo, Dani Costa (Eloy, min.86), Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio (David, min.65), Alberto, Luís, Martín e Iván (Redondo, min.75).
- LIRA: Peipo, Eloy, Pelos, Pardelo, Josiño, Estrella, Fran Perico, Germán, Pata, Oli e Saúl. Tamén xogaron Miky, mede, Yerai e Aitor.
- Goles: 1-0, min.13: Luís; 2-0, min.25: Alberto Costa; 2-1, min.39: Oli; 3-1, min.41: Luís; 3-2, min.65: Fran Perico; 3-3, min.72: Fran Perico; 4-3, min.88: Alberto Costa.
Menudo partidazo na pelexa pola Promoción da 3ª. Un partido intensísimo e con moitas ocasións dende o primeiro minuto. Arrincaba o choque moi igualado e as xogadas eran un ida e volta con ocasións nas dúas áreas. Pero aos 13 minutos adiantaba Luis ós locais, cun golazo dende a frontal que colle un pasiño adiantado ó meta visitante e colalla por enriba. Aínda que a cousa seguía moi igualada, era o Nantón quen golpeaba de novo ós 25 minutos de encontro. Desta volta era Alberto Costa que firmaba outro auténtico golazo. Na frontal lévase o defensa cun sombreiro e sen deixala caer remata de bolea mandando o balón o fondo da rede.
O Lira seguí amoi metido no partido e recurtaría distancias cun tanto de Oli. Pero tan só un minuto despois, Luís volvería a marcar para os locais cun forte disparo dende a frontal que se cola pegadiña o pau sen que o meta poida facer nada.
Na segunda metade mais do mesmo, cos dous equipos chegando á área contraria dende os primeiros minutos. Pero desta volta sería o Lira o que empataría o partido con dous goles en 5 minutos de Fran Perico, traendo vellos fantasmas a As Fontiñas; pois xa era a terceira vez na temporada que os de Lira remontaban unha renta dun 3-1 en contra ó Nantón.
De feito, esta non se produciu porque os visitantes despois do empate non estiveron acertados a porta, pero si dispuxo de ocasións para culminar a remontada, como unha chegada de Saúl no min.87 que mandou ás nubes. E si o estivo Alberto na xogada seguinte, e recibía dentro da área e facía o cuarto para o Nantón de tiro cruzado poñendo o definitivo 4-3 no marcador.
Dan agora a volta ao postos, quedando hoxe o Lira virtualmente fóra da Promoción.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.33: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo.
- X.32: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- X.31: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- X.30: Dúas pelexas abertas.
- X.29: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- 1ª Autonómica: Soso final.
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).