Recunchos da Costa: Cabo Fisterra

Outro dos recunchos que faltaba, por evidente (xa sabedes que nesta sección gústannos máis os segredos) é o Cabo Fisterra. A fin da terra, o km.0 do Camiño Fisterra-Muxía, o espazo onde o solpor fai maxia e onde os cantís achegan o Atlántico máis auténtico. 

Un espazo natural algo mallado pola sobreexposición turística, pero que segue tendo un impacto moi simbólico en cada visitante. 

O Faro orixinal é de 1853, completado medio século despois coa Vaca, ese bronco son que guiaba ás embarcacións nos tantos días de néboa que asolagan a ría de Corcubión, e que tanto botamos de menos. 
Ao carón do edificio do Faro, temos o Semáforo, construído en 1879 para dar sinais á marina de guerra e hoxe exemplo da reconversión do patrimonio marítimo nun hotel de máxima calidade. 

A subida ao Faro debe facerse camiñando, dende a Igrexa de Santa María das Areas. Se hai tempo, facer parada no Conxunto etnográfico San Guillerme, preto do no cumio do Monte Facho, do Monte Nerio, que forma a silueta máis máxica de toda a comarca.

Silueta de Fisterra dende Quilmas ao solpor-Foto-Francisco Santiago Lopez
Autocaravanas no Cabo Fisterra nun mes de agosto
Imaxe do Fisterra

 

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA