Recunchos da Costa: Praia de Arnela

Continuamos percorrendo a Costa da Morte e descubrindo os seus segredos. Hoxe facemos parada noutro deses areais máxicos, absolutamente atlánticos, no que podemos facer paradiña na última etapa do Camiño dos Faros.

Entre os coñecidos areais do Rostro e Mar de Fóra, nunha contorna moi rural, aló embaixo dos cantís homónimos, atopamos esta praia en forma de cuncha.

Unha praia de acceso relativamente sinxelo, pero cun serio desnivel, sen servizos, con forte oleaxe, só apta para os que queiran gozar dun espazo salvaxe con tranquilidade e sen turistas.

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA