Recunchos da Costa: A praia do Rostro
Unha das máis míticas praias da Costa da Morte e de toda Galicia é, sen dúbida, a Praia do Rostro. Situada na parroquia fisterrá de Sardiñeiro, completamente aberta ao atlántico, este virxe areal de case 3 quilómetros fai que as postas de sol se convirtan en maxia.
A súa area fina, as súas dunas, a súa virxindade, o seu vento e a súa salvaxe oleaxe fan desta praia unha inmellorable fusión da terra co bravo Atlántico. Durante o verán é un espazo ideal para saír das aglomeracións das praias ateigadas, e durante o inverno é un sitio máxico onde gozar dun paseo salvaxe ollando a bravura máis auténtica do noso mar.
O solpor é outro espectáculo que marabilla.
Por que se chama praia do Rostro
O Portal das Palabras debulla a orixe do nome deste areal, lembrando que este “é o lugar onde se localiza unha lenda que ten que ver cos nerios, individuos dun pobo prerromano que habitaban na zona do cabo denominado polos cronistas gregos Nerio, Fisterra”.
”O nome da praia vén dado da súa situación a carón da punta do Rostro, denominación que logo se estendeu ao areal”. Segundo conta Fernando Cabeza Quiles, “este topónimo, aplicado tamén a un pequeno cabo das Sisargas, procede do substantivo latino rostrum -i, que nomeaba o peteiro das aves ou, máis en xeral, un obxecto con forma saínte –frecuentemente o esporón en que remata a proa dos barcos–, de aí que resulte axeitada para este tipo de accidentes xeográficos no litoral”.
Lembran que a día de hoxe, “rostro” relaciónase ca cara das persoas, ”pero na época latina tiña un uso pexorativo” e sen embargo “hoxe, rostro, resúltanos mesmo poético”.
Lendas baixo a area
Hai máis que lendas baixo a area do Rostro, como ese pecio do barco Silva Gouveia que rexurdiu en 2014 e que aínda se albisca algunha vez con mareas vivas,
Pero de lendas, contan que os nerios tiñan parada clave no porto de “Dugium”, cidade que a lenda sitúa baixo as areas do Rostro, “afundida para sempre baixo unha onda enorme (hoxe falariamos dun tsunami) no medio dun terrible temporal, e que podería emerxer de novo, de se repetiren as condicións da súa desaparición”. Unha lenda que pode basearse en certos datos cientíticos e no topónimo Duio, un lugar actual preto do Rostro.
”Outra versión da lenda fala da Raínha Lupa que xa nos contara Pepe do Fieiro, e que nos leva aos tempos cando “Apóstolo Santiago estaba predicando por estas terras e anoxado pola inutilidade das súas ensinanzas, lle pide ao Señor que faga desaparecer a cidade. O Códice Calixtino tamén relaciona este lugar co Apóstolo, pero por outro motivo, pois sería onde se dirixen os discípulos por indicación da raíña Lupa, buscando onde enterralo”.
Sexa como for, non deixen de visitar este areal cheo de misticismo. Pero iso si, ollo coas ondas.
Como chegar
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- Lires.
- Área recreativa de Pedra Vixía.
- A ruta dos Pinos no mar.
- A ruta das pegadas do río Bradoso.
- O Miradoiro de Cereixo
- Pedra da Arca
- Arca da Piosa.
- Pedra da lebre
- Dolmen de Pedra Moura.
- Pedra Cuberta.
- A Casota de Freans.
- San Fins do Castro.
- As lagoas das antigas minas de caolín de Vimianzo.
- A Lagoa das Xalfas.
- As Caldeiras do Castro.
- A Carballeira de Baio.
- O Faro Lariño.
- A praia de Barizo.
- Os Petróglifos da Fieiteira.
- Pedra da Serpe.
- As dunas da Barra.
- Caión.
- O Monte Branco.
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira de Ardeleiro.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.