Luns. 16.09.2019
El tiempo

A Galería Mulleres recorda a xornalista e activista Carmen de Burgos

A Galería Mulleres recorda a xornalista e activista Carmen de Burgos
Carmen de Burgos (Colombine) protagoniza a Galería Mulleres da biblioteca municipal de Muxía deste mes de marzo. Implicada na causa republicana, Carmen de Burgos (Rodalquilar - Almería 1868 - Madrid 1932) loitou polos dereitos das mulleres e a infancia e opúsoxe á pena de morte. Foi moi activa en diversas asociacións e escribiu centos de artigos en xornais madrileños como El Globo, Diario Universal, La Revista Universal, La Correspondencia de España e ABC, entre outros, ademais de ser a primeira corresponsal de guerra en España. A súa loita social aparece nos seus escritos. Publica máis de 50 historias curtas por entregas en El Cuento Semanal. Tamén publicou diversas novelas como "La hora del amor" (1916), "La rampa" (1917), "Los espirituados" (1923)  "Quiero vivir mi vida" (1931). Entre os seus ensaios de temática social e sobre as mulleres destacan "Arte de saber vivir" (1918),"El arte de ser mujer" (1922) e "La mujer moderna y sus derechos" (1927). A aparición deste último supuxo a confirmación da súa faceta de muller fascinada pola capacidade creativa do seu xénero para o que esixía a igualdade. Foi ensalzada pola II República e despois esquecida tras a guerra civil.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.
 

Comentarios