Recunchos da Costa: Praia do Lago

Este pasado 15 de agosto, o día máis potente do verán, mentres visitantes e veciños se pelexaban por un metro cadrado de area noutras praias máis de moda, na praia do Lago, en Merexo (Muxía), estaba marabillosa, cal paraíso.

A do Lago é un dos poucos areais da provincia con piñeiral para o picnic ideal para pasar un día coa familia, pois ademais ao estar dentro da ría as ondas non son grandes. Ademais, a desembocadura do río do Lago rompe o areal por unha esquina e permite unha zona sen ondas ningunha.

Piñeiral na Praia do Lago

A praia conta con servizos como duchas, mesas, restaurantes, e mesmo varios campings, cunha oferta cultural ademais moi axitada como a do camping Lagomar.

Por se fora pouco, as vistas son marabillosas e podemos ver Camariñas aló enfronte e Muxía de refilón.

Praia do Lago dende o Camping
Vista aérea da zona
Vistas da Praia do Lago dende a zona de Leis. Foto-Camiño dos Faros

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA