Dor de gorxa

O caso é que a un, cada vez, lle doe máis a gorxa. Quero dicir que con máis frecuencia.

Hai quen somatiza os disgustos da vida nunha úlcera de estómago, molestia testicular, ou gilipollismo a xornada completa. Pois a min, dóeme a gorxa. Cando acendo a televisión e sae Pedro Sànchez, dor de gorxa. Cando a miña moza non quere que vaia a vela despois de clase, dor de gorxa. Cando quere que vaia a vela despois de clase, dor de gorxa. Cando chegan os exames - máis as notas que os exames en si -, dor de gorxa. Cando vou a un novo bar e me cravan 3,20 polo viño, dor de gorxa.

Logo, co paso dos días, a molestia vai remitindo, penso que por non contradicir ao refraneiro naquelo de que “no hay mal que cien años dure”. O caso é que a min, de pequeno, non me doía nada, quizais porque a vida, a esas idades non doe aínda. Pero case que tampouco, xa que semella que o que ocorre é que comezo a atoparlle o gusto a esa molestia ata o punto de sentirme incompleto cando saio da casa cos zapatos limpos, embozadada a capa española, e falto desa ferida de navalla a altura da noz, só que como máis arriba e cara a esquerda, que me achega a afonía.

Ocorre que esta mañá levanteime con dor de gorxa, de aí a tardanza deste artigo. Isto sorprendeume, posto que non levei ningún disgusto durante os Carnavais. Ao mellor, é que Dolores Faringis tamén se acostumou a min e deulle por voltar. En fin, por esta vez non farei uso do paracetamol. Xa que veu, que quede.

- ¿Y no ocurrirá que, lejos de tanta elocubración romántica con la que usted pretende explicar su mal, lo que le afecte sea el hielo que le sirven en la Gavilla junto al zumo de naranja con Beefeater?
- Pues también puede ser.

 

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO