Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino

Boa idea a de comezar o ano facéndose socio do Centro Recreativo Cultural de Corcubión, ou sexa do Casino - que é como moitos coñecemos ese edificio -. E é que alí, mentres a xuventude bailaba ou quedaba para ver a única tele que había no pobo, o comité de vellos gañaba e perdía propiedades xogando a baralla – fincas, casas, coches -. Isto seino porque meu bisavó traballou nel – na década dos corenta - cando todavía o bar da pranta superior estaba operativo e o tema funcionaba.
- Usted lo que es es un reaccionario, un antiguo, un casposo!
- Qué barbaridad, señora. Pero qué desayunó usted hoy? Mire, le explico: caspa no tengo; antiguo, depende en qué; y reaccionario, puede ser. En todo caso el término me hace gracia. Algo más?
- No, creo que no.
- Bueno, pues sigo entonces. Si le parece...
- Siga, siga.
O Casino de Corcubión ven dun letargo, dunha hibernación de polilla e mexo de gato tan só rota nos entroidos, cando os rapaces iamos alí a comer as larpeiradas que nos daban os organizadores. Pero disto debe facer cinco mil catrocentos setenta e cinco días – máis ou menos quince anos -. O Casino, así, quedou baleiro unha noite sen que se saiba por que, agardando a que os homes engarabatados asomaran novamente o luto aos seus espellos de modernismo e escaiola. Pero Luis Corral espertouno, lavoulle a cara e comezou a espabilalo. Quere convertilo (reconvertilo) nun espazo de encontro cultural onde os veciños poidan gardar a memoria do pobo e loitar polo seu futuro. Xa lle dixen que, se os propósitos vanse materializando e seguen nesta liña, o meu bolígrafo estará ao servizo da causa.
Moitas son as cousas boas que podemos agardar deste Club histórico. Por iso quero animarvos a que vos fagades socios e vexades de preto como progresa. Pero se vides, que non sexa a facer barullo, que polas tardes vou alí a ler o xornal e a tomar café cos mortos.
- Oiga, pues a lo mejor me hago yo socia y todo.
- Está usted tardando. Lo ve? Si es que no hay como escuchar...
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Escribindo tonterías.
- Ceevilla ten unha cor especial.
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez