xoves. 27.03.2025
El tiempo
Abraham Trillo
12:10
24/02/25

Os bos polos e os polos bos

Monedero Pablo Iglesias e Errejon no primixenio Podemos
Monedero Pablo Iglesias e Errejon no primixenio Podemos
Os bos polos e os polos bos

Polos, - bos polos - hai moitos. Errejón, Monedero, son “bos polos”, por exempro. Eu, que teño horta e vista, observei con detemento, moitas tardes, a conducta destas aves de voo baixo no que ao coito breve e violento refírese. Á boa da galiña, suxeítana pola cresta co peteiro e logo xa - como saberán vostedes - ven o resto. O polo, así, constitue unha máquina de foder e comer tan só detida sobre o cepo de castiñeiro ou eucalipto coa machada, ou sexa que é unha máquina que deixa de funcionar cando chega a hora de cortarlle o pescozo. Algo similar ocorre co porco - aínda que, segundo voces máis informadas no tema, este último non folgue tanto -.

Pois ben, os polos que campan ou campean polas fincas próximas a da miña casa - moitos dos cales viñéronme nacer ao garaxe -, son seres bonancibles que gozan do sol sen lle temer a choiva, dinosaurios de salón que limpan as leiras, alquimistas antigos que trocan o millo que lles damos e as inmundicias que atopan polas cunetas, en saborentos ovos.

Que non me comparen, aos meus polos bos cos bos polos de Errejón e Monedero, criaturas envilecidas de universidade e farra, adoradoras do Che, Marx, e demáis calaña ideóloga. Que non mos comparen, digo, porque non o merecen. Ao final, o que máis molesta desta panda de transtornados é o feito de caer na conta de que lle estivemos aguantando as súas soflamas moralistas e as súas acusacións intolerables - "todo hombre es un violador en potencia", e cousas do estilo - cando resulta que os maiores viláns son eles - ou iso é o que avala a testemuña das voces femininas que agora os acusan, teremos que escoitalas e ver o que ocorre -.

Non sei como se sentirán os seus votantes e “votantas” - porque el cielo se toma por asalto e o cambio comeza polo idioma, claro - nestos intres. Coido que ben: hai estómago e pouca memoria. As miñas amigas están contentísimas de verse incluidas neste “todes” que inventaron para elas - as súas vidas cambiaron moitísimo -, pero resulta que seguen a ter medo de atoparse de festa, ou na oficina, con algún baboso saído semellante aos anteriormente citados.

Gloria a Deus no ceo, e na terra paz a todas galiñas que loitan por escapar dos bos polos.

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios