martes. 18.03.2025
El tiempo
Abraham Trillo
09:24
17/02/25

O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida

Bar Carrumeiro Corcubion
O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida

Logo de chegar ao pobo para ver ao médico, logo da cea cos amigos en Fisterra, a inauguración – en vernes – do novo Carrumeiro.

Un, que leva dous días nesta vida, coñeceu xa moitos carrumeiros. O Carrumeiro de Joaquín Ferrío, o Carrumeiro de Rafa e, agora, o Carrumeiro de Aroa, Carlos e Alba - todos eles co mesmo chan como denominador común -. De Joaquín gardo unha morea recordos, como o de cando me levaba a “Cadena 100” de Cee para mercar un xoguete; de Rafa, outro tanto: as tardes nas que me vestía de camareiro para “anotar” as comandas no Aparthotel; de Aroa e Carlos, o fabuloso trato a hora de facer realidade a idea do encontro gastroliterario “La Coctelera Literaria”. No novo Carrumeiro estivemos o catorce festexando a súa reapertura e, a verdade, é que non ten pinta de que vaia a defraudar. A “Familia Batifondo” é un batifondo de esforzo, compromiso e xenerosidade, que non deixa indiferente.

Na mesa de nenas morenas e loiras na que eu estaba brindouse polo seu éxito e continuidade.

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios