Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Plataforma de Corcoesto volven denunciar a censura do alcalde para cos seus actos informativos

A Plataforma de Corcoesto volven denunciar a censura do alcalde para cos seus actos informativos
O Alcalde de Cabana Jose Muíño

Xa son varias as veces que a Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncia que o alcalde de Cabana, José Muíño, "non quere que a veciñanza de Cabana coñeza as verdadeiras consecuencias da mina de Corcoesto". Hai un ano, a entidade xa avisara que o alcalde lle denegara o local social de Corcoesto por días veces, ou que mandara emisarios polas casas para descubrir o creador dun panfleto informativo.

Agora, despois da negativa a conceder á Plataforma o Auditorio o día 14 para informar á veciñanza, explican que "o pasado 1 día 11 de Xuño reiteramos a solicitude do Auditorio para celebrar a conferencia prevista inicialmente, desta volta indicamos 9 datas posíbeis no mes de Xuño para realizar a mesma, voltando a atoparnos con outra negativa rotunda do Alcalde".

·Só podemos pensar que o Alcalde non é máis que un fiel colaborador de Edgewater e que actúa aos ditados da mesma", denuncian dende a plataforma.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios