Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea neste xullo á escritora Emma Pedreira

A Galería Mulleres de Muxía homenaxea neste xullo á escritora Emma Pedreira
Emma Pedreira na Galeria Mulleres de Muxia xullo 2015

Este mes de xullo de 2015, a Galería Mulleres do Departamento de Cultura do Concello de Muxía quere lembrar á escritora herculina Emma Pedreira. Aproveita así Viki Rivadulla, a coordinadora desta iniciativa, que pretende falar de historia e actualidade en clave de muller, para homenaxear á nova gañadora do Premio de Poesía López Abente, polo seu libro “S/t”..

Emma Pedreira, nacida en A Coruña en 1978 (de corazón en Doroña, no mesmo ano). Filóloga de titulación, funcionaria de carreira, poeta e narradora de nacemento.

Xa leva uns cantos uns cantos. Libros: un feixe deles, tamén. E antoloxías, e poemas que se fixeron música e revistas, recitáis, obradoiros… Conviccións, todas as zurdas, as sinistras, as contrarias.

Na Biblioteca da Muller do Concello de Muxía podes atopar:

  • Emma Pedreira “Diario bautismal dunha anarquista morta” III Premio Johán Carballeira.
  • Emma Pedreira “ Velenarias” IV Premio Johán Carballeira.
  • Emma Pedreira “Casa de orfas” V Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño.
  • Emma Pedreira “Os cadernos d´amor e os velenos” Premio de poesía Centenario Fermín Bouza Brey.

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios