venres. 09.05.2025
El tiempo

A Galería Mulleres recupera a figura de Marguerite Duras

A Galería Mulleres recupera a figura de Marguerite Duras
A Galeria Mulleres da biblioteca de Muxia recupera a figura de Marguerite Duras A Galeria Mulleres da biblioteca de Muxia recupera a figura de Marguerite Duras Esta novelista, guionista e directora de cine francesa é a protogonista durante o mes de xullo da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía. As súas vivencias en Indochina, xunto á súa nai, inspiraron a Marguerite Duras (1914-1996) para escribir unha das súas novelas máis coñecidas "Un dique contra el Pacífico" publicada en 1950. En 1932 traládase a Paris onde estudou dereito, matemáticas e ciencias política e participou na Resistencia. Militante do partido Comunista, que máis tarde deixaría por discrepancias co que consideraba tendencias ideolóxicas machistas e desencantda polo totalitrismo da Unión Soviética. Mantivo un intenso labor no xornalistmoa, novela, teatro e cine chegando a ser a guionista da película, "Hiroshima mon amour" diixida por Alain Resnais en 1959. A axitada vida de Marguerite mestúrase na súa escrita, como pode comprobarse en "O amante", "A dor" ou "A chuvia de verán", entre outras. Obras con tintes autobiográficos onde a sociedade, o compromiso, o amor as lembranzas da infancia ou a morte toman protagonismo. Na Biblioteca de Muxía pode atoparse unha boa parte do traballo realizado por Marguerite Duras.  

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

  • Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios