2ª Autonómica: O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto
Impresionante foi o carrusel tecnolóxico da tarde dominical na 2ª Autonómica - ES Bazarra. Era a última xornada e tres equipos xogábanse a Liga e o ascenso directo, e mais o posto de Promoción. Tiña o Zas un punto máis que o Outes e dous que o San Lorenzo, pero en fronte atopáronse con 3 rivais que demostraron que o fútbol da Costa non está tan enfermo, e competiron ata o final.
A tarde arrincaba co Zas como campión. Marcaba en Mazaricos e o Porteño se colocaba dúas veces por diante no Conchido. Pero o Mazaricos conseguía empatar e o Outes comezaba unha remontada épica. Ata podía levar o San Lorenzo o título pero o Fisterra demostrou o bo equipo que é e aguantou o empate, deixando sen premio ao equipo de Pedro Gómez, que culmina aínda así unha gran temporada só manchada polo alto número de lesións.
Completou a remontada o cadro de Manu Roque, e o Zas non puido superar ao Mazaricos. Queda o cadro da Serra como campión de Liga e é novo equipo da 1ª, mentres o Zas aínda ten a Promoción, con bos espellos onde mirarse, como o Sofán do ano pasado.
Así o celebraban os da Serra.
Houbo máis cousas nesta xornada, como a loita polo pichichi, con Piti e Javi Suárez pelexando arreo por marcar e marcar. Esta semana repasaremos os datos dos pichichis, pero foi Piti o que finalmente quedou Piti como máximo goleador da Liga da Costa, e así o celebraban os seus compañeiros.
E toca pensar na Copa, na que continúan moitos equipos na Copa tralos igualados Dezaseisavos.
Fisterra - San Lorenzo (1-1)
- FISTERRA: Norberto, Juan (Noé), Julio, Robertín, Rubia, Guardiola, Santi, Cristian (Munitis), Roco, Adrián (Adrián), Pablo Lestón.
- SAN LORENZO: Diego, Rudi, Álex Figueiras, Pablo Novo, Álex Taibo (Cachizo, min.88), Adrián Fraga (Schuster, min.55) e Rubén (Javi Pensado, min.65), Fuentefría, Canay, Juni e Óscar Suárez.
- Goles: 1-0, min.17: Pablo Lestón; 1-1, min.32: Canay.
Fermosa tarde de fútbol en Ara Solis, cos teléfonos botando fume co carrusel de QPC, entre as unhas 300 persoas. Foi un partido igualado, pero moi emocionante para o espectador. Comezaba con máis posesión para o cadro de Pedro Gómez, que combinaba ben mentres o Fisterra esperaba ben atrás.
Pablo Lestón sorprendía e abría pronto o marcador, pero á media hora Canay empataba o partido, e dados os resultados o San Lorenzo estaba a un gol do título.
Despois duns minutos de tanteo na segunda, o partido rompíase no minuto 70. O San Lorenzo volcouse e tivo numerosas ocasións para conseguir a vitoria, pero tamén deixaron ocos e os puntas fisterráns puideron facer dano.
Juni, Óscar Suárez, Fuentefría e Canay tiveron varias ocasións, con varios mans a man, un pau, e moitas paradas de Norberto. Ata o colexiado anulaba un gol a Pablo Novo por un discutido fóra de xogo. Pero non entraba, e ata o último suspiro tivo o San Lorenzo, alomenos a promoción, pero Óscar Suárez quedaba só diante do porteiro e este desvía a córner.
Remata así a liga para este gran San Lorenzo, con moitas xornadas no liderato, e facendo un gran papel pero tendo demasiadas lesións, como a de Adrián Fraga de onte, cun dedo dislocado. Parabéns aos dous equipos por demostrar o poderío do fútbol costeiro. Iso si, Pedro Gómez quixo felicitar aos seus compañeiros Manu Roque e Iván Cancela polo gran traballo. 3 adestradores que demostran que o Fútbol da Costa ten bo futuro.
Volantes - Camelle (7-0)
- VOLANTES: Rubén, Migos, Juan (Moja, min.40), Picho, Miguel; Óscar, Fran, Ivi, Javi; Brais (Marcos, min.70) e Piti (Mayu, min.85).
- CAMELLE: Dimitri, Peseta, Lado, Arnosi, Machu; Pichu, Maco, Josecho, Tedín, Tonsón e Felisiano.
- Goles: Piti (5), Javi e Fran.
Partido sen tensión, case de pretemporada, con ambiente tranquilo. O Camelle chegaga con 11 xustos e cun xogador de porteiro (o bo de Dimitri), pero cunha afección espetacular, disfrutando o fútbol, e con gañas de darlle un agradecemento aos seus bravos heroes.
O Volantes, celebrando o pichichi de Piti, ao que lle brindaron unha e outra vez para que marcase 5 e remate a temporada cunha media de máis dun gol por partido. O partido ía xa 3-0 ao descanso pero o paso dos minutos pesou demasiado. Ademais, Felipe anunciaba que deixa os banquiños.
O Camelle xogará o ano que vén na 3ª, mentres o Volantes mira un pequeno cambio no seu futuro. Houbo reunión da Directiva do Volantes, e Félix quere deixalo tras 4 anos nos que asentou o equipo como referente no concello. En principio segue case toda a directiva pero falta decidir o presidente, e o domingo ás 16:00h será a asemblea.
Outes - Porteño (4-3)
- OUTES: Gato, Borja, Saúl, Jura (Chía), Davi, Martín, Samu, Piki, Yago, Elías e Mario.
- PORTEÑO: Suso, Doyle (Oli, min.60), Gabi, Maikol, Pejo (Marcos, min.80), Iago, Camaño, Cristian (Wii, min.85), Meu Lar (Curra, min.55), Roi e Iván.
- Goles: 0-1, min.3: Cristian en xogada persoal e dende fóra da área; 1-1, min.6: Elías; 1-2, min.12: Cristian tras unha boa xogada xogada encara o porteiro; 2-2, min.44: Chía tras varios rexeites; 3-2, min.71: Davi de penalti; 3-3, min.81: Iván tras un córner; 4-3, min.85: Elías.
Partidazo espectacular no Conchido. Ambiente impresionante para esta finalisima, co teléfono pendente do que acontecía en Mazaricos e Ara Solis, e co equipo necesitado de gañar ante un Porteño que non viña de pase e que fixo un gran partido. Un Porteño que ademais quere felicitar e agradecer ao Outes pola súa cortesía e traballo.
Houbo de todo, con moitas ocasións, alternativas no marcador, moita tensión e mesmo algo de polémica. Empezou o Outes moi forte, pero nun rexeite Cristian adianta aos visitantes. Empatou de seguido Elías, pero de novo Cristian colocaba ao Porteño por diante. Eran minutos tensos no Conchido, con dominio local pero un Porteño que pelexaba cada balón. Piki pedía un penalti tras un xogadón, e Iago tamén, mentres que Cristian mandaba un balón ao pau que podía ter posto terra de por medio. Pero ao fío do descanso, Chía caza un rexeite e fai o empate, deixando o partido aberto.
Arrincaba a segunda metade co Outes volcado, e a tensión e o esforzo xa provocaba problemas físicos. No ecuador o colexiado sinalaba un penalti por unhas supostas mans de Gabi, cando os locais aseguran que doulle na faciana. David non fallaba e metía ao Outes por diante con só 15 minutos para o final. Era virtual campión co empate do Zas en Mazaricos.
Pero aparecía Iván, nunha contra, e todo esvanecíase cando quedaban 9 minutos. Tocaba heroica, e chegaría. Piki e Elías metéronse ata a liña de gol, pero foi Elías o que empurraba a 3 para o final unha falta de Borja para o delirio da bancada da Serra.
Gran temporada do Porteño, onde o seu presi, Ordóñez, tamén deixa o bastón de mando despois de afianzar ao equipo na Liga da Costa. A votación pola nova directiva será o sábado 16 polo que aínda están conformando as novas candidaturas.
E o Outes culmina así unha temporada impresionante, superando vicisitudes como as marchas dos seus dous centrais titulares, e grandes baluartes como Rober Amoedo e Chúa. O equipo de Manu Roque, despois de 6 anos dende a súa reaparición como club, métese en 1ª, con xente da casa, apostando pola canteira e polo traballo.
Baíñas - Seaia (7-0)
- BAÍÑAS: Sergio, Rodri, Samu (Jaime, min.45), Mario, Héctor, Iván, Eloy Vilas, Esteban (Tasky, min.45), Cristian (Eloy Cabeza, min.60), Javi Suárez e Pablo Muíño.
- SEAIA: Jesús, Dimaga, Parga, Víctor, Adrián, Nando, Eme, Adra, Moisés, Camilo e Magovi.
- Goles: Javi Suárez (3), Pablo Muíño (2), Tasky e Mario.
Con moitas baixas e poucas gañas de xogar xa sabéndose na 3ª chegaba o Seaia a Vimianzo. E o cadro local, sen tampouco nada que xogarse, só con gañas de ampliar a lista de goles dos seus puntas e de que acabe o partido.
Remata así unha temporada irregular dos dous equipos. Un Baíñas chamado a moito máis, con grandes figuras de superior categoría, pero que quedou en sitio de ninguén. E un Seaia que arrincaba moi ben unha temporada, a da súa estrea na categoría, que se lle fixo demasiado longa. Terá que volver a remar dende abaixo.
Ponteceso - Cabana (1-2)
- PONTECESO: Sergio, Diego Collazo, Dani Cotelo (Kevin, min.61), Pablo Regueiro, Javi Peón, Mendieta, Alberto Recarey, Juanma (Ismail min.51), Martín Puente (Brais, min.57), Eloy e Christian Martínez (Youssef, min.51).
- CABANA: Añón, Charly, Aurelio, Pepe, Raúl, Moreno (Diego), Miky (Manolo do Cruceiro), Fernando (Dani Mato), Josiño, Iván Mato (Eloy Pereira) e Berti (Manu Guillamet).
- Goles: 1-0, min.42: Martín Puente; 1-1, min.65: Manu Guillamet de fermosa chilena; 1-2, min.75: Dani Mato.
Bo partido no Pinguel entre dous equipos que fixeron unha temporada de abaixo a arriba. O cadro de Barca dominou o control da pelota ante un Cabana máis decidido, directo e resolutivo.
Martín Puente adiantou aos seus antes do desacnso, pero o Cabana na segunda daba a volta ao marcador en dúas fermosas accións dos seus.
Mazaricos - Zas (2-2)
- MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban (Molinos, min.80), Ramón, Matías, Ricardo, Ferreiro (Chico, min.80), Estéfano, David, Pereiro (Tuco, min.77) e Chenel.
- ZAS: Tívoli, Josito, Pereiro, Isma, Vecino, Canedo, Peke, Dani (Diego, min.44), David Blanco, Manu e Álex Flores.
- Goles: 1-0, min.45: David Blanco de penalti cometido sobre el mesmo; 1-1, min.54: Estéfano; 1-2, min.55: Álex Flores de cabeza a centro de David; 2-2, min.61: Pereiro.
Menudo partido en Pedra do Ouro. Dous autobuses zaenses encheron de cor o campo do Pino do Val, con máis de 350 persoas nas bancadas.
O Zas, consciente do que se xogaba, comezou moi forte, e Álex fallaba dúas ocasións nos primeiros minutos ante un Mazaricos que saía algo descolocado. O cadro amarelo foise metendo no partido e contra o final Tívoli tivo que salvar un tiro dende o punto de penalti de Pereiro.
Ao fío do descanso chegaba o primeiro gol do partido, David Blanco non fallaba dende os 11 metros un penalti cometido sobre el mesmo, e que deixaba o título encarrilado ao descanso.
Pero non ía ser tan fácil. Saíu o cadro de Néstor a por todas e aos 10 minutos Estéfano facía o empate, pero un minuto despois o Zas volvía percutir e se metía por diante.
O equipo amarelo non se veu abaixo e Pereiro volvía poñer as táboas no marcador deixando calada á afección zaense. O equipo de Iván Cancela volcouse arriba, e houbo boas ocasións para darlle o título, como un tiro de Álex que para o Pejo, un remate de Diego con toda a portería para el que sae fóra, ou un man a man dos que soe fallar Alex Flores. Á contra, David e Molinso tamén puideron facer dano pero o empate non se movería, deixando ao Zas co premio de consolación, unha Promoción que pode ser moi valiosa se finalmente o equipo consegue o obxectivo do ascenso.
O míster Iván Cancela quere deixar unhas palabras para o Outes e aos seus: “Felicito o Outes, un gran club, pola liga. Un equipo con unha gran afeccion e un adestrador que traballa moi ben. Doulle ás gracias a nosa gran afeccion por todo, a nosa gran directiva polo seu bo traballo e os meus grandes xogadores que loitaron e traballaron ata o final. Calquera dos vencedores seria xusto campión e desta vez tocou perder. È duro pero toca levantar a cabeza e pasar páxina”.
Camariñas - Cee (4-0)
- CAMARIÑAS: Pablo, Nico, Martín, Piti, Sule, Pereira (Pablo, min.70), Saviola, Javi, David (Ismael, min.46), Darío (Brais, min.70) e Yuyo.
- CEE: Paulo, Fiuza, Jorge, Borja, Carlos Leis, Paco, Rubén Castillo (Yago, min.65), Josiño, Isma (Alex, min.70), Leo e Chiru (Chema, min.46).
- Goles: 1-0, min.15: Yuyo; 2-0, min.30: Yuyo; 3-0, min.55: Sule; 4-0, min.75: Yuyo.
Partido que tivo como claro dominador tanto no xogo como no resultado. O Cee saíu ao campo demasiado relaxado e cando se decatou que estaba xogando xa levaba dous no peto. Equilibrouse algo a partir da media hora, pero o Camariñas demostrou que pode xogar ben cando pode. Na segunda metade máis do mesmo, o Camariñas gustándose e nós sen forzas e sen moita actitude.
Yuyo foi o gran protagonista, marcando tres bonitos goles e demostrando a calidade que atesoura.
Remata así a Liga para este Cee en proceso de reestruturación, con Rafa á fronte dun equipo moi novo e con moito futuro. En fronte, o Camariñas de Gerpe, que fixo unha moi boa segunda volta e que promete tamén ir a máis nas vindeiras campañas.
Carnota - Montelouro (2-0)
- CARNOTA: Luís, Manolo Chouza, Ferreiro, Pedro Pichín, Nico, Pablo Pichín, Cano, Boni, Joselu, Míchel e Robi.
- MONTELOURO: Fernando, César (Abel), Pedro Gharsia, Pablo, Teo, Dani Corniños, Riki, Raúl, Gelo e Pesi (David).
- Goles: 1-0, min.35: Míchel de tiro cruzado; 2-0, min.70: Robi de falta.
- Expulsión: Cano (min.75).
Partido moi aburrido onde a calidade dos veteranos do Carnota foi decisiva. Apenas houbo intensidade, cun Carnota máis dominador ata a expulsión de Cano. Aí se veu arriba o Montelouro, que puido empatar pero non tiveron sorte, e mesmo fallaron un penalti.
O Carnota pecha así unha temporada bastante boa, na que as fichaxes salvaron os problemas de efectivos. Necesita xente nova o cadro de Cambeiro, que fai majas co que hai. Pola contra, o Montelouro de Marcelo estivo moitas xornadas no túnel, e mesmo veu a luz, pero non chegou o esforzo final e terá que volver pelexar na 3ª o ano que vén.
Buño - Castriz (3-0)
- BUÑO: Víctor; Miguel, Rubén, Casais, Uru; Juan, Emilio, David Dourado, Fran; Dani (Jorge Calvete, min.65) e Charro (Santi, min.70).
- CASTRIZ: Pablo, Velo, Dani Martínez, Álex, Martín Uru, Félix (Diego, min.75), Martín Gemelo (Balza, min.61), Cili, Chinda, Luís e Agra.
- Goles: 1-0, min.10: Juan de falta; 2-0, min.25: Fran Borrazás; 3-0, min.52: Charro de penalti.
O Buño encarrilou a vitoria na primeira parte e certificouna na segunda dun partido sen moita tensión competitiva, no que o Castriz mesmo acabou xogando co porteiro suplente Diego no campoi.
O Buño remata unha gran temporada, sempre na metade alta da táboa, mentres o Castriz remata 4º o ano pero con mal sabor de boca, pois o equipo estaba chamado a moito máis.
Crónicas da Liga da Costa
- X.33: Seaia e Montelouro din adeus mentres Zas, Outes e San Lorenzo xogaranse todo na última xornada.
- X.32: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación.
- X.31: O Outes devolve a emoción á Liga da Costa.
- X.30: 2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío.
- X.29: O Zas non perdoa.
- X.28: O Zas o salto nunha xornada con duelos directos e polémica fóra do campo.
- X.27: O Outes tropeza e a pelexa por abaixo ponse máis quente.
- X.26: Os 4 de arriba non fallan nunha xornada cunha fermosa homenaxe.
- X.25: O Zas asalta o liderato trala vitoria do Castriz ao San Lorenzo.
- X.24: Aprétase o alto da táboa con 4 equipos en 2 puntos.
- X.23: O Montelouro aínda está vivo e o Camariñas vai a por todas.
- X.22: Os 4 de arriba non fallan mentres o Cabana salva unha final ante o Montelouro.
- X.21: Aprétase a zona alta da Liga da Costa.
- X.20: O Zas apreta a táboa mentres Camariñas e Ponteceso respiran.
- X.19: O Outes pode co líder.
- X.18: O Outes apreta e o Montelouro respira.
- X.17: A 2ª Autonomica entra no Novo Ano con Tristeza.
- X.16: Peche de ano apretado.
- X.15: Un grupo de 7 equipos persegue ao implacable San Lorenzo.
- X.14: O San Lorenzo amosa o seu poderío e o Ponteceso saca a cabeza a costa do Montelouro.
- X.13: Unha xogada de Fair play para o recordo.
- X.12: O San Lorenzo non frea.
- X.11: O San Lorenzo marca o ritmo.
- x.10: O Castriz non pode co ritmo de San Lorenzo e Zas.
- X.9 :O trío de arriba non perdoa.
- X.8: O San Lorenzo asalto o liderato.
- X.7: O Castriz aproveita os líos dos rivais.
- X.6: Ratificando o bo comezo de Liga.
- X.5: Só Castriz e Zas dan un paso.
- X.4: 7 en cabeza.
- X.3: Cee e Volantes quedan sós.
- X.2: Xornada de estreas.
- X.1: Roda o Balón na 2ª Autonómica da Costa.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Soso final.
- Preferente: Un punto de ouro en Sarria permite ao XSC depender de si mesmo.
- O Outes proclámase Campión da Liga da Costa nunha espectacular última xornada de carrusel.
Primeiros títulos colleitados
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos da celebración do Outes cedidas polo equipo da Serra.