Xuvenís: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa


Parece que o Dumbría non quere deixarse un título, nin un só partido esta campaña. O equipo de Lobelos e Leis enfrontábanse en Fontenla a unha das súas bestas negras (foi o único equipo que conseguí gañarlle este curso), pero o XSC non puido ca ambición deste equipo, que quere chegar á Fase de Ascenso co título da Copa da Costa Xuvenil.
Nesta Ida das Semis, a sorpresa, o Corcubión, mantén a emoción ata o último suspiro, e pelexará coa Esteirana, un dos mellores equipos neste final de temporada, por un posto na finalísima.
Corcubión - Esteirana (2-2)
- CORCUBIÓN: Miguel, Chava, Isma, Lela, Porto, Óscar, Samuel, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamén xogaron: Álvaro, David e Pepo.
- ESTEIRANA: Álex, Tiko (Íker), Sergio, Bolo, Rafa; Adrián, Damián (Edu), Pablo, Jose, Manu (Cristian) e Brais.
- Goles: 1-0, min.10: Goche; 2-0, min.20: Samuel; 2-1, min.40: Bolo de fermoso taconazo; 2-2, min.42: Pablo.
Bo ambiente no Cubaleiro para ver as semifinais da Copa da Costa Xuvenil, con este Corcubión, a gran sorpresa da segunda metade de temporada tras un gran traballo realizado por Senra e Jorge tras un comezo desolador. En fronte, unha Esteirana que parece que vén por todas neste segundo treito do campionato, e que despois de quedar ás portas da liguilla dos campións, fixo unha espectacular liguilla copeira.
O choque arrincaba co Corcubión mandando ante unha primeira media hora para esquecer do cadro esteirán. En dúas xogadas a balón parado o cadro local se adiantaba con 2-0. Pouco a pouco ía o equipo de Tatá asentando e antes do descanso Bolo cun fermoso gol de tacón tras unha xogada colectiva e Pablo logo dunha xogada de Manu empatarian o encontro.
Na segunda metade, foi un toma e daca, se cadra co cadro esteirán algo máis fresco e buscando más a iniciativa pero o Corcubión aguantou moi ben e pelexará con todo na volta no Xosé Luís Vara.
Aquí vos deixamos o vídeo cos goles de Víctor Caamaño:
XSC - Dumbría (0-2)
- XSC: Coke, Raúl, Alberto, Carlos, Xoel, Dani; Adrián, Fabián, Thiago, Landeira e Anxo. Tamén: Tefi, Juan Lois, Ismael e Santi Díaz.
- DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Canario, Yeray, Cacha, Marcos Mouro, Edu, Charly e Marcote. Tamén xogaron: Luís, Mauro, Andrés e Jose Miguel.
- Goles: 0-1, min.28: Marcote aproveita un rexeite tras un balón longo que pelexa Charly e que erra o defensa e o porteiro xalleiro; 0-2, min.60: en propia meta tras un centro de Roberto.
Parece que este Dumbría necesita outra Liga. Só perdeu un partido no que va de temporada e mentres espera pola Fase de Ascenso á Liga Galega quere levar tamén o título da Copa. O sábado dominou en Fontenla, pero foi un choque bonito, máis igualado do que indica o marcador, no que se ben levou o peso do partido, non houbo demasiadas ocasións e os dous goles chegaron con algo de fortuna.
O XSC non era quen de achegarse á meta visitante, pero na primeira parte unha falta que lazou Adrián e que sacaron entre o pau e Bruno. Iso si, antes Marcote na primeira tirara ao pau e Charly tivo duas ocasions. E na segunda si que se puido meter na eliminatoria nunha xogada por banda de Santi Díaz que non topou rematador., mentres por bando dumbriés puideron ampliar a renda Cacha cun tirou o pau e Maikel.
A eliminatoria parece encarrilada a non ser que o XSC fala a heroica.
Crónicas dos Xuvenís
Copa da Costa Xuvenil:- Volta dos Cuartos: Do que non pode pasar nun campo do Fútbol da Costa.
- Ida Cuartos: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa.
- Oitavos: Unha Semana Santa de emocións ca Copa da Costa.
- X.10: Os Miúdos dan o salto.
- X.9: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
- X.8: O Cabana apreta a Fase de Ascenso.
- X.7: XSC e Camariñas pegan primeiro.
- X.6: Pelexando por acompañar ao Dumbría.
- X.5: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
- X.4: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría.
- X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
- X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
- X.1: Arrincaron as segundas fases.
- X.18: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- X.17: Cousas que decidir nos dous Grupos Norte e Sur.
- X.16: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta.
- X.15: Outro título da “Doble L”.
- X.14: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- X.13: 7 equipos para 6 postos.
- X.12: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas.
- X.11: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur.
- X.10: 13 equipos en loita:
- X.9: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte.
- X.8: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- X.7: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza.
- X.6: Pelexando polo podio.
- X.5: Sen dominadores.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
Crónicas da semana
- Ligas Galegas: A dignidade segue vestindo de branco.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- 2ª Autonómica: Zas, Outes e San Lorenzo manteñen o pulso mentres Montelouro e Seaia complican a salvación.
- 1ª Autonómica: A Esteirana di adeus cos deberes feitos.
- Preferente: Xa pensando na Copa.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Resultados e análise dunha xornada clave no Fútbol da Costa.
Primeiros títulos colleitados
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).