Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rosalía de Castro volve á Galería de Mulleres de Muxía

Rosalía de Castro volve á Galería de Mulleres de Muxía
galeria de mulleres muxia rosalia de castro Rosalía de Castro volve a ser a protagonista da Galería de Mulleres de Muxía. Precisamente o vindeiro 24 de febreiro cumpriranse 179 anos do nacemento da escritora polo que a biblioteca muxiana aproveita a ocasión para dar a coñecer a obra de Rosalía que están a disposición dos usuarios e usuarias. A Biblioteca da Muller do Concello dispón dende libros infantís sobre Rosalía de Castro ata ensaio, teatro, revistas,... e a propias publicacións da autora. Na biblioteca habilitouse un espazo no que se mostran todas as recomendacións sobre a autora Na biblioteca habilitouse un espazo no que se mostran todas as recomendacións sobre a autora Desta forma, un "rincón rosaliano" recolle todas as recomendacións co fin de que estén máis accesibles aos lectores. O concello de Cee e asociación Muxía Turismo Rural tamén levan a cabo diversas actividades durante o mes de febreiro coas que prentenden difundir a obra e a figura de Rosalía de Castro.

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios