Mércores. 24.04.2024
El tiempo

ADEGA volve pedir a anulación da Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto

ADEGA volve pedir a anulación da Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto
Alt text for the image, e.g. “The Mona Lisa”

"Outro estudo científico vén a cuestionar os datos sobre a potencial contaminación por arsénico ocasionada pola mina de Corcoesto", anuncia estes días ADEGA. Deste xeito, volve solicitar a anulación da DIA, a Declaración de Impacto Ambiental, ao comprobar que no informe a Edgewater e a Xunta consideran os refugallos mineiros "non inertes, non perigosos"."

ADEGA amenaxa con acodir aos tribunais pola "fraudulenta DIA" denunciando que "o proxecto de Edgewater para Corcoesto utiliza métodos analíticos impropios coa intención de minimizar o risco de mobilización do arsénico nas augas provocado pola actividade mineira". Tal é a contundente conclusión dun estudo científico asinado recentemente por catri prestixiosos investigadores/as da USC e que se engade ás advertencias que o mundo académico vén facendo á Xunta a respeito das gravísimas carencias, omisións oi terxiversacións deste proxecto mineiro.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios