domingo. 11.05.2025
El tiempo

A filósofa Celia Amorós protagoniza a Galería Mulleres do mes de xullo

A filósofa Celia Amorós protagoniza a Galería Mulleres do mes de xullo
Celia Amorós é a protagonista ao longo deste mes de xullo da Galería de Mulleres da biblioteca municipal de Muxía dirixida por Viki Rivadulla. Esta filósofa naceu en Valencia no ano 1944 e é actualmente un referente polo seu pensamento filosófico feminista o que a converte nunha das pensadoras máis destacadas na actualidade. Abandeira o chamado feminismo da igualdade e centrou unha parte importante da súa investigación na construcción das relacións entre Ilustración e feminismo. O seu libro "Cara a unha crítica da razón patriarcal" constitúe un novo enfoque desde a perspectiva de xénero (estudos de xénero) da filosofía, pon de manifesto os sesgo do androcentrismo e reivindica unha revisión crítica por parte das mulleres da mesma. En 1987 creou na universidade Complutense de Madrid o seminario permanente Feminismo e Ilustración. Dixiriu ata 1993 o Instituto de Investigacións Feministas. É catedrática e membro do departamento de Filosofía e Filosofía Moral e Política da UNED. Investiga o tema dos procesos de Ilustración e as súas implicacións para o feminismo e as mulleres no Islam. En 2006 foi galardonada co Premio Nacional de Ensaio. Na biblioteca da Muller do concello de Muxía están dispoñibles varias das súas obras; tales como "Feminismo y filosofía", "Tiempo de feminismo", "Sören Kierkegaard o la Subjetvidad del Caballero" e "10 palabras clave sobre mujer".

Galería Mulleres de Muxía

Máis novas relacionadas

Fonte

Comentarios