Recunchos da Costa: Miradoiro e ermida de San Bartolomeu de Busto

Ermida San Bartolomeu de Busto-Foto-Marcos Pose Calvo

Visitabamos a Ermida e miradoiro de San Bartolo de Salto. Hoxe viaxamos ata o seu irmán xalleiro. Na parroquia do Busto, en Santa Comba, érguese o Miradoiro de San Bartolomeu.

No lugar érguese a cuca capela homónima da época baixomedieval (séculos XIII-XIV), construída sobre os restos dun castro ou doutro tipo de asentamento similar. Dende alí hai unhas vistas espectaculares sendo ademais un dos miradoiros nocturnos máis auténticos da zona, puidendo ver as chairas do val xalleiro e do val de soneira, e mesmo albiscar o mar de Laxe.

Un día de neve. Foto-Javier Pais

O lugar ten tamén tres singulares esculturas de gran tamaño feitas en pedra, feitas en 1999, que son copias das que ten a capela da virxe, Santo Antón e San Bartolomeu, que foron doados á parroquia por Carme Duarte Negreira.

Rodeando a ermida, hai un camiño de baixada que se emprega o domingo seguinte da festa do Santo (o 24 de Agosto), para baixar a San Bartolomeu para a Igrexa parroquial de San Xulián. Ademais é parte dunha fermosa ruta circular de 11km, 3 horas aprox..

Ermida de San Bartolomeu un día de néboa-Foto-Yago Espasandín

Como chegar

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA