Recunchos da Costa: As lagoas das antigas minas de caolín de Vimianzo

A extracción de caolín en Baíñas (Vimianzo), é unha realidade. E unha parte da responsabilidade corporativa das empresas implicadas é a restauración dos espazos. Así acontece na zona soneirá arredor de Caolines Vimianzo. Se ben a empresa aínda ten moitas balsas en uso (con esa cor azul turquesa tan característica) na zona de Caxadas, ao outro lado da AC-552, hai unha serie de lagoas recuperadas que ben merecen unha visita.
A realidade é que o paso non está de todo permitido, e hai sinais continuas de "Peligro! Explotación Minera", pero adentrarse neste lado da estrada é como viaxar no tempo. As antigas minas de caolín forman agora pequenos lagos de material arcilloso, pero que en verán deben prestar para pasar unha tarde de baños espectacular. Como dato importante, o caolín é completamente inerte.
Non só os baños, pero é que flora e a fauna do lugar son incribles. Dende ras pequeniñas, a outras gordas, libélulas que son especies en perigo de extinción e demais, completan un lugar doutro mundo.
Pasade polo Flickr Elsursemueve, que ten unhas imaxes da flora e da fauna da zona impresionantes.
Como chegar
Moi fácil. Indo pola AC-550 que une Carballo e Fisterra, ao pasar Baio e xusto despois (50 metros) do desvío á esquerda cara Baíñas, hai unha pista que sae cara á dereita subindo. En breve convírtese en terra e de aí podedes dar voltas que hai pozas e pozas das antigas canteiras cun auga espectacular.
Espectacular é o turquesa do auga da mina que aínda está en uso. Para chegar a esta hai que coller cara Baíñas por ese desvío que antes nomeabamos. Pasando o primeiro lugar, a aproximadamente 500 metros xa o podemos ver a man dereita, coa fábrica á nosa esquerda.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A Lagoa das Xalfas.
- As Caldeiras do Castro.
- A Carballeira de Baio.
- O Faro Lariño.
- A praia de Barizo.
- Os Petróglifos da Fieiteira.
- Pedra da Serpe.
- As dunas da Barra.
- Caión.
- O Monte Branco.
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.