Diferentes reaccións ao anuncio da Xunta de paralizar a mina de Corcoesto


Conmoción trouxo o anuncio da Xunta de paralizar temporalmente o proxecto mineiro de Corcoesto, como comprobamos, por exemplo, ollando os máis de 6.000 "megustas" da nosa nova de onte (case a mellor marca). E o comprobamos tamén recollendo as diferentes reaccións que nos chegan de 6 entidades diferentes: ADEGA, a Plataforma en Defensa de Corcoesto, a Plataforma Contraminacción a Asociación Veciñal Corcoesto Si, Mina Si; o grupo do BNG que valora a nova como "un triunfo da rúa"; e mais unha aclaración da Xunta de Galicia.
As dúas primeiras, entidades contrarias ao proxecto, consideran a parálise un "paripe" da Xunta e esixen a "anulación da DIA e a paralización definitiva do proxecto". Pola súa banda, Corcoesto Si valora positivamente o comunicado celebrando que por fin a Xunta se manifestase. E mentres, a Xunta volve explicar o por que da parálise, incidindo en que "multiplican por 60 as esixencias de fondos propios da empresa", volvendo cos argumentos económicos e deixando de novo de lado os medioambientais e sociais.
Imos repasando as notas de cada entidade:
Explicacións da Xunta
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que para garantir a viabilidade financeira da explotación mineira de Corcoesto a Xunta “está multiplicando por 60 as esixencias de fondos propios presentados pola empresa para levar a cabo o proxecto”, que deberán alcanzar o 25% do investimento previsto.
Recoñeceu Conde que “analizando polo miúdo todo o proxecto, identificamos claramente que tal e como está presentado agora mesmo non cumpre as garantías mínimas tanto desde o punto de vista da viabilidade financeira como desde o punto de vista da viabilidade técnica”.
Só ao final do comunicado a Xunta sinala que "a decisión de non autorizar o proxecto responde á posición do Goberno galego de garantir a máxima seguridade e as máximas condicións ambientais” nas actividades extractivas, apostando por “unha minería responsable e garantista”. Ao tempo que reitera que "o Goberno galego non mudou a súa posición con respecto á minería”.
ADEGA, Contraminacción e a Plataforma en Defensa de Corcoesto esixen a anulación da DIA
Tres dos colectivos máis activos na loita social contra este proxecto pola súa agresividade co medio ambiente coinciden en que esta é só a primeira batalla.
ADEGA, por exemplo, considera a parálise un "paripé da Xunta en Corcoesto" e critica que "pida garantías económicas e técnicas mais dos impactos nin chío", sinalando que "en realidade, só lle pedíu a Edgewater que puxera máis cartos e apresentara máis papeis". Piden así a anulación definitiva da polémica Declaración de Impacto Ambiental DIA.
Denuncia ademais que "o Plan Sectorial de Actividades Extractivas "PSAEG" segue en marcha, con máis "Corcoestos" dentro".
A Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños tamén esixe a nulidade dao DIA, pois considera que "o proxecto de Edgewater incumpre os requisitos ambientais e técnicos", como indica a Xunta na súa nota.
O que si valoran é que "esta declaración institucional vén dar a razón ás nosas denuncias de falta de rigor dos informes presentados dentro do proxecto" e esperan que "a nota non quede en papel mollado" anunciando que "Plataforma seguirá na súa loita contra este proxecto destrutivo en tanto non se produza a súa paralización definitiva e oficial".
A que tamén responde é a plataforma ContraMINAccion, que igualmente "esixe a nulidade da Declaración de Impacto Ambiental" solicutando "a retirada do proxecto mineiro" de Corcoesto.
"Corcoesto Si" amósase satisfeita coa nota da Xunta
Sorprende a reacción da Asociación vecinal Corcoesto Si, Mina Si", que apunta:
- "Celebramos que a Xunta de Galicia por fin se manifestase respecto diso e poña en claro cales serán as esixencias técnicas e económicas que Mineira de Corcoesto deberá cumprir para que o proxecto poida ser aprobado definitivamente".
- "Esta asociación sempre defendeu, e defende, que a mina deberá ser aberta coas máximas garantías e cumprindo o marco regulatorio óptimo".
- "Baixo o noso punto de vista a Xunta de Galicia, co silencio que mantivo ata o momento, alentou e fomentado dúbidas técnicas e legais achega do proxecto, permitindo que se estendese unha crispación social e unha incerteza innecesaria por carecer de sustento científico".
- "O comunicado emitido onte pola Xunta acaba por fin coa situación na que nos atopabamos ata agora, xa que, habendo definido as condicións que se esixirán para a aprobación do proxecto, poderase avanzar e a empresa estará en condicións de presentar cantos requerimientos fóronlle solicitados".
- "Corcoesto Si, Mina Si espera que os trámites avancen agora con maior premura e pódese contar cunha aprobación definitiva canto antes, mentres esta asociación seguirá traballando para que así sexa."
O BNG: "Un triunfo da rúa"
Pola súa parte, p portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, considera que “o cambio de posición da Xunta sobre o proxecto da mina de Corcoesto, que agora decide frear, é un claro triunfo das movilizacións populares na rúa”.
Vence subliña que “o Goberno de Feijoó vese obrigado a recuar porque a sociedade galega, as organizacións políticas, ecoloxistas, viciñais e outras moitas entidades, sairon masivamente á rúa para paralizar un proxecto que supuña unha auténtica desfeita medioambiental, social e incluso sanitaria para o concello de Cabana e a comarca de Bergantiños. Foi un éxito da rúa, sen lugar a dúbidas”.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Novas relacionadas
- 09-07-13: A Xunta paraliza a mina de Corcoesto.
- 08-07-13: ADEGA volve pedir a anulación da Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 05-07-13: Medio millar de persoas berraron o Mina Si en Santiago.
- 01-07-13: Denuncian a destrución dun símbolo creado na loita contra a mina.
- 20-06-13: A Plataforma de Corcoesto volven denunciar a censura do alcalde para cos seus actos informativos.
- 18-06-13: Os proxectos mineiros a debate en Irmandade TV.
- 17-06-13: Denuncian sondeos ilegais da empresa mineira.
- 07-06-13: Corcoesto Si quere involucrar aos EuroDeputados españois.
- 04-06-13: Corcoesto convertirase no epicentro do gran cinto de ouro galego.
- 03-06-13: Galicia berrou contra a megaminería.
- 30-05-13: Completo repaso á actividade mineira dunha loita que se extende a Zas e Santa Comba.
- 21-05-13: Voces públicas contra a megaminaría en Galicia.
- 19-05-13: Corcoesto une a acción contra a minaría de Galicia.
- 13-05-13: Corcoesto Si organiza unha marcha nocturna mentres os contrarios denuncian acosos a propietarios.
- 06-05-13: A mina de ouro de Corcoesto chega á Defensora del Pueblo.
- 02-05-13: O BNG pide unha comparecencia pública de Egdewater.
- 25-04-13: A mina de ouro estivo presente dentro e fóra do Parlamento.
- 22-04-13: Defenden as charlas informativas contra a mina nos centros de ensino.
- 15-04-13: Bergantiños sae á rúa.
- 08-04-13: Os tractores tamén din non á mina.
- 05-04-13: A Plataforma “Mina Si” denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos.
- 02-04-13: En marcha a tractorada e a manifestación contra a mina de ouro.
- 25-03-13: Unha tractorada e unha nova conferencia contra a mina.
- 22-03-13: As plataformas achegan a información sobre a mina que non dan as administracións.
- 11-03-13: Carta aberta ao alcalde de Coristanco sobre a mina de ouro.
- 06-03-12: A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto.
- 24-02-13: Unha concentración a favor da mina e dos postos de traballo.
- 21-02-13: A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor.
- 20-02-13: A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais.
- 18-02-13: Un milleiro de persoas secundaron Enterro de Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 16-02-13: A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina.
- 14-02-13: A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 11-02-13: Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 07-02-13: O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto.
- 04-02-13: Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina.
- 04-01-13: Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro.
- 29-01-13: Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas.
- 28-01-13: Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa”.
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Artigos relacionados
- Denuncian que as sondaxes sen autorización da mina deixan sen auga a veciños de Coristanco.
- Novas denuncias medioambientais e coercitivas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- O prezo do ouro, un artigo de María Pilar García Negro.
- Miñanco tampouco quere mina de ouro.
- A política e o ouro, por Xurxo Borrazás.
- Hermanager Humor: Hermanager Humor: Tractores contra o ouro.
- Hermanager Humor: De minas e corrupción.
- Xabier García: Esperta do teu sono Fogar de Breogán.
- Xabier Gacía: Contramínate.
- “Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”. Un artigo da Química Carmen Varela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Nota de prensa da Xunta.