Héctor Castro, novo presi do Cerqueda: ”É un posto de gran responsabilidade e a priori dá un pouco de respecto"

Héctor Castro, un dos novos presidentes do Fútbol da Costa que se embarca en esta aventura da nova normalidade, encabezando un novo proxecto da Unión Deportiva Cerqueda. Pasa da bancada a presidencia.
- QPC: O teu nome sempre estivo en moitas quinielas para a presidencia, eras reacio a esa situación, porque agora si deches o paso?
Pois non sei sinceramente si estiven en moitas quinielas eh jajaja. A verdade e que é un posto de gran responsabilidade e a priori sempre da un pouco de respecto, pero cando me propuxeron a candidatura e vin o grupo que me acompaña na directiva e o ben que esta montada toda a estructura do clube foi máis sinxelo tomar a decisión.
- QPC: Xogador, directivo, incluso adestrador nun partido de Copa da Costa contra o todopoderoso Fisterra e agora presi, como viviches cada momento?
De xogador teño moi bos recordos, sobre todo en categorías base e non polos resultados deportivos que sempre foron “regulares”, senón pola familia que sempre fomos no vestiario e que creo que nos quedou grabada a todos os que a vivimos. De adestrador foi por circustancias de aquel momento, a verdade e que viñamos de unha mala temporada en 3ª rexional e empatar dous partidos cun 1ª coma o Finisterre (aínda que finalmente perdéramos a penaltis) axudou moito para dar confianza e manter unha base de xogadores que acadaría o ansiado ascenso á Liga da Costa a temporada seguínte. Agora toca presidente, empezamos con moita ilusión de facer todo o mellor posible, as sensacións son moi boas e creo que imos conseguir os obxectivos.
- QPC: Foches xogador na base, para ti persoalmente que significa ter todas as categorías?
É o que fai que un clube sexa verdadeiramente grande independientemente da categoría que éste dispute. Entrar un día pola tarde e ver a vida que ten o campo de Xaviña con 80 rapaces e rapazas entrenando paga todo o traballo que ten unha directiva detrás. O Cerqueda medrou moito coma entidade dende que se decidíu a apostar polo fútbol base.
- QPC: Tamén estades a dar o paso no fútbol feminino. Como vai ese proxecto?
Esta temporada decidimos apostar por un coordinador deportivo (Nacho) que nos vai axudar na tarefa do fútbol base e no feminino. Estamos con moita ilusión e xa tivo varios contactos con xogadoras nas cales temos moitas esperanzas que acaben xogando con nós. Pensamos que é algo que agora ten que apostar a Liga da Costa para seguir sendo un referente do fútbol galego.
- QPC: Sigues apostando pola continuidade de Michel como adestrador nos seniors. Que obxectivos están marcados para esta campaña?
Toda a directiva ten confianza en Míchel e así tamén nolo fixeron chegar dende o vestiario. El tamén mostrou a súa predisposición a seguir así que non foi díficil. Xa está traballando na planificación da seguinte temporada e é algo de agradecer. O obxectivo dun clube humilde coma o noso sempre ten que ser a priori a permanencia, logo a liga marcará se podemos soñar con algo máis.
- QPC: Un dos temas importantes é o económico. Máis categorías, máis gastos, despois do sucedido da pandemia, como crees que reaccionarán as empresas?
En Cerqueda a verdade e que temos a sorte de ter uns patrocinadores moi fiéis que sempre estiveron apoiando a entidade en todo momento, gracias a eles seguimos poñendo o nome de Cerqueda por todos os campos da Costa e sempre lles estaremos agradecidos. Eu, como autónomo, tamén sei como está a situación, pero temos que velo como algo puntual do cal imos sair máis pronto que tarde, intentaremos traballar o máximo para facer máis socios e patrocinios posibles.
- QPC: Para terminar, que sería para ti un éxito o remate dos 4 anos que che quedan por diante?
Que o clube siga crecendo deportivamente, que todo o mundo se sinta orgulloso do noso mandato e que outra persoa colla o relevo jajaja.
Directos arredor do #FutboldaCosta
- Rebeca Facal e Silvia Cancela valoran o auxe da presencia da muller no Fútbol da Costa.
- Carlos Romero, alma do Outes: “A 3ª é necesaria para que a Liga da Costa siga sendo competitiva”
- Xaco, alma do UD Monte Louro: “Non podemos deixar que isto morra. Os pueblos sen fútbol perden vida“.
- Bebeto: “Disfrutamos facendo cousas para que en Fisterra haxa ambiente”.
- Faladoiro arredor do Futbol da Costa cos equipos implicados nos ascensos.
- Cesar Ferrío analiza nos #DirectosQPC as competicións de volei, fútbol, ciclismo….
- Pedro Gómez, adestrador do Soneira: “Pensamos que pode haber unha posibilidade importante de ascender a Preferente”.
- Marcos Ordoñez: “Os árbitros tamén soñamos con pitar nun estadio cheo a final da Copa da Costa”
- O director deportivo do Fisterra confésase en QPC.
- Manolo Corredoira analiza o futuro do Fútbol da Costa
- Entrevista a Suso da Torriña nos directos de instagram de QPC
- Unha hora de multi-conversa con Huelvis.
- Unha hora de conversa sob FutFem con Fran Figueroa.
- Os mellores momentos da entrevista a Oscar Leis en QPC
Entrevistas #Futfem
- José Ángel e Graci, do Mazaricos Fem.: “A aprendizaxe foi brutal xa que melloraron a un ritmo tremendo”.
- Saskia, xogadora do Bergan: "Ano de aprendizaxe onde hai que pelexar por un posto contra xogadoras máis veteranas.”.
- Alba Trillo, xogadora do UC Cee: “Xogar a fase de ascenso no primeiro ano estaría moi, moi ben!”.
- Pati, capi das Miúdas: “O noso punto forte é saír en equipo ao terreo de xogo”.
Os traballadores na sombra
- Barrié, alma do Ponteceso: "Non teño data de caducidade. Cando a teña será cando Dios queira”.
- Fernando, alma do Ameixenda: "O fútbol afeccionado está a perder a esencia de ver rapaces xogando nos equipos do seu Concello”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Cristian Méndez: "Pois a verdade é que os aplausos danche enerxía para seguir con todo isto adiante”.
- Unha nutritiva conversa entre David Velo e Eloy Calvo.
- Miguel A. Domínguez Formoso: “Espero que a creación das seleccións comarcais de fútbol base faga que os rapaces comecen a despuntar”.
- David González, adestrador do Xallas: “Firmo ser o equipo máis goleado e gañar os partidos 4-3”
- Iván Rojo: "Non estou ao meu mellor nivel, pero vouno suplindo con goles”.
- José Manuel, adestrador do Cabana: "Está claro que se fose en outro club se cadra xa non estaba aquí”.
- María López Souto, presi do Laxe: "A SD Laxe, por historia, ten merecido xogar na Liga da Costa”.
- Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro”.
- Juan de Dora: "En canto saín dos vestiarios non vía nada, só o fume verde e a xente cantar”.
- Dido e Adrián Parga analizan o crucial derbi de parroquias.
- Curro: “Os afeccionados teñen que entender que foron moitos cambios xuntos, e leva o seu tempo"
- Brais (Buño): “Dannos por mortos todos os anos e sempre, ou case sempre, os obxectivos cúmprense”.
- Adrián Lema: "A directiva apoiume siempre. Loxicamente non gusta, pero a decisión foi falada entre todos”.
- Marcos González: “Os pais, ás veces, son os responsables das frustacións dos rapaces, moitos pensan que teñen Messis na casa”.
- Diego Lobelos, adestrador do Muxía: "O Cairo é outa historia, pero a este equipo encántalle xogar estos partidos”.
- Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles.
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Iván Cancela e Cantudo, conversa cos adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.