Recunchos da Costa: Praia e Lagoa de Traba

Vista aérea da Lagoa de Traba coa praia ao fondo-Foto-TurismoLaxe

O complexo natural formado pola praia e a Lagoa de Traba é un dos tesouros ambientais máis importantes da Costa da Morte. Situado no lugar de Boaño, na parroquia de Traba, o seu interese ecolóxico é máximo gracias a unha serie de ecosistemas que o convirte nun espazo cunha diversidade biolóxica tremenda.

Situadas ao sur de Laxe, e escoltadas polos Penedos de Traba, o areal, que ten máis de 2km de lonxitude, e a lagoa, están separados por unha serie de zonas dunares singulares.

A Praia de Traba ten dous kilometros e medio-Foto-Camiño dos Faros

A vista permite percorrer, por diversas pasarelas de madeira e un par de observatorios de aves, unha zona coñecida en toda España pola súa riqueza ornitolóxica. Na zona norte conta tamén cunha área recreativa.

Visita ornitolóica na Lagoa en Traba con Senda Nova
Area recreativa na zona norte da Praia de Traba

As lendas contan que a zona recibíu a visita predicadora do Santiago Apóstolo, os habitantes da aldea de Vilaverde non escoitaron as súas plegarias, polo que a aldea se afundiu debaixo lagoa para sempre.

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA