sábado. 17.01.2026
El tiempo

Recunchos da Costa: Pedra Moura de Aldemunde

pedra moura aldemunde
Recunchos da Costa: Pedra Moura de Aldemunde

Un dos elementos do futuro Parque do Megalitismo é o dolmen de Pedra Moura, en Aldemunde, Carballo. Non confundir coa Pedra Moura de Vimianzo.

Trátase dun espazo funerario que pode estar datado entre o 3.500 e o 2.700 antes de Cristo, na época de apoxeo da cultura megalítica galega.

Hoxe en día só conserva cinco dos sete chantos que o constituían en orixe. Di a lenda que as pedras que conforman esta anta foron carrexadas por unha muller dende o petón de Calvelo, mentres fiaba na roca e aleitaba unha crianza, como nos contan dende Turismo Carballo.

Pedra Moura-Turismo Carballo
Foto de Turismo Carballo

Moi preto atopas unha ruta e un bosque de Ribeira da Pena, un dos mellores bosques autóctonos da comarca de Bergantiños, con bidueiros, ameneiros, carballos, e as abeleiras que dan nome ao río Abeleira.

Como chegar

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

 

Comentarios