Recunchos da Costa: As Illas Sisargas

Faro Illas Sisargas-Foto-Grancalili

Seguimos percorrendo os Faros da Costa da Morte e hoxe temos que saír da península para chegar ás Illas Sisargas. Coñecida en Malpica como “a Illa”, en realidade as Sisargas son un arquipélago formado por tres illotes independentes: a Grande, a Chica e a Malante.

Cunha importancia avícola moi relevante (sobre arredor das colonias de varias da gaivota escura (Larus fuscus), gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), gaivota patiamarela (Larus cachinnans) e o arao común (Uria aalge)), o arquipélago está declarado Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) dentro do LIC Costa da Morte – Rede Natura 2000. De feito, conta cunha normativa específica de xeito que ata os 250 metros de costa non se pode pescar de ningunha das maneiras. 

Para acceder, poderías contactar con Buceo Malpica, a peixería Botero Gundín, e a tenda A Bordo, de Ponteceso. Poderías facelo dende os cantís do Santo Hadrián, a praia de Seaia, por exemplo, nun día moi tranquilo, cun kaiak, atravesando os aproximadamente 4 km que separan a illa Grande da península.

Unha vez alí, desde o pequeno embarcadoiro da illa Grande, parte un sendeiro duns 2 quilómetros ata o faro. É o situado máis ao norte da Costa da Morte, construído en 1853, pasa por ser un dos faros máis antigos da Costa da Morte xunto co de Fisterra. En 1919 completouse a remodelación, e dende 2002 está automatizado.

Embarcadoiro da Illa Grande-Foto- Camiño dos Faros
Faro antigo e Vaca das Illa grande-Foto- Camiño dos Faros
Vista aérea do faro das Sisargas
Vistas dende Santo Hadrián

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA