Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª
Seguimos colleitando premios para entregar na II Gala do Fútbol da Costa - QPC que terá ligar o vindeiro venres 26 de xuño na Casa da Cultura de Cee. Despois de saber os porteiros menos goleados e os pichichis da 1ª e 2ª, toca analizar os mellores da 3ª Autonómica, despois do agónico final desta mesma fin de semana. Con aínda a Fase de Ascenso por desputar, xa temos aos gañadores destes premios, para os que tivemos que facer contas, repasando xornada a xornada
Iago Lema, o Pichichi
Finalmente o pichichi é Iago Lema, o polivalente xogador corcubionés (xoga dende o posto de central ata dianteiro pasando polo medio centro e calquera das bandas), marcou 28 goles polos 26 do eterno pichichi do Nantón, que acusou o baixón das últimas xornadas do seu equipo e tras moitas xornadas como líder da táboa de goleadores, veu pasar por diante á mocidade de Lema.
Hai que apuntar que o seu compañeiro, David Lourido, é o que máis porcentaxe de acerto ten, sumando máis dun gol por partido despois de chegar, de volta do seu paso por Dumbría onde os horarios laborais lle impediron triunfar, a media temporada.
Goleador | Equipo | Goles |
Iago Lema | Corcubión | 28 |
Luís | Nantón | 26 |
Darío | Cerqueda | 22 |
Lourido | Corcubión | 20 |
Mario | Ameixenda | 19 |
Gonzalo | Coristanco | 16 |
Martín | Cerqueda | 15 |
Oli | Lira | 15 |
Iván | Coristanco | 13 |
Cristian | Ameixenda | 13 |
Juan Lagoa | Coristanco | 12 |
Sergio Tarrela | Muxía | 11 |
O porteiro menos batido
Tocou facer números e repasar, xornada a xornada a través das nosas crónicas, para saber foi o porteiro menos goleado da 3ª Autonómica. Se ben o Cerqueda foi o equipo menos goleado con 37 goles, a alternancia dos seus dous porteiros, Ángel e Gesto, evita que calquera dos dous poida ser considerado o porteiro menos batido, pois ningún pasou de 22 partidos (varios coma suplente), e consideramos que, como fai o Marca co Zamora, un porteiro ten que xogar alomenos o 75% dos partidos, isto é, 24 dos 32 partidos da temporada.
Así que a gran pelexa estivo entre Óscar Riolo, porteiro histórico do Ameixenda, e Nacho, novo porteiro do Coristanco. Veteranía contra mocidade nesta fermosa pelexa polo Trofeo Pombo da Costa.
28 partidos xogou Óscar Riolo, e recibíu 37 dos 43 goles que recibíu o seu equipo. Polo tanto ten unha media de 1,32 goles encaixados por partidos.
Pola súa parte, 29 partidos xogou Nacho co Coristanco, e recibíu 35 dos 40 goles encaixados polo seu equipo, polo que suma unha media de 1,21 goles encaixados por partido.
Deste xeito, Nacho, porteiro do Coristanco é porteiro menos batido da 3ª Autonómica do Fútbol da Costa nesta campaña 2014-2015.
Crónicas da 3ª Autonómica
- X.36: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- X.35: O Ameixenda dá un paso cara o ascenso, e Corcubión e Muxía aseguran praza na Promoción.
- X.34: Ameixenda e Coristanco manteñen o pulso e o Nantón dalle a volta á tortilla.
- X.33: O Coristanco alcanza ao Ameixenda prevendo unha fermosa loita polo ascendo directo.
- X.32: O Cerqueda certifica un histórico ascenso.
- X.31: O Ameixenda non desaproveita o descanso do Coristanco.
- X.30: Dúas pelexas abertas.
- X.29: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- X.28: O Coristanco pelexará o ascenso co Ameixenda.
- X.27: O Cerqueda cae tras 14 partidos e o Ameixenda recupera espazo.
- X.26: O Coristanco abre a pelexa polo ascenso directo.
- X.25: O Muxía métese, por fin, en postos de Promoción.
- X.24: 3ª Autonómica: A Mikaela e o Muxía case poden co Cerqueda mentres o Ameixenda adica a vitoria a Manolín.
- X.23: Vía libre para Cerqueda e Ameixenda.
- X.22: 8ª vitoria do Cerqueda e paso atrás do Muxía.
- X.21: O Cerqueda vai sen freos.
- X.20: O Cerqueda pega de novo.
- X.19: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- X.18: O Cerqueda toma o relevo do Ameixena.
- X.17: A 3ª Autonomica comeza o ano con moitos goles e goleadas.
- X.16: O Ameixenda pecha un gran ano baixando unha marcha.
- x.15: O Corcubión freou ao Ameixenda.
- X.14: O Ameixenda non ten parada.
- X.13: Todos xogan.
- X.12: 5 equipos á caza do Ameixenda.
- X.11: O Cerqueda amosa crecendeciais ante o Ameixenda.
- X.10: O Ameixenda non sabe perder e o Castrelo xa sabe gañar.
- X.9: O Ameixenda pecha imbatido unha apretada primeira volta nunha atípica xornada de goleadas.
- X.8: O Ameixenda escapa.
- X.7: O Ameixenda tamén gaña sufrindo.
- X.6: O Ameixenda aproveita o descanso do Lira e xa se pon de líder.
- X.5: O Lira non cede e tira de fortuna.
- X.4: O Lira ponse ao mando.
- X.3: Igualdade e moita tensión.
- X.2: O Lira ponse ao mando.
- X.1: A 3ª Rexional das 4 voltas xa está en marcha.
Novas relacionadas
Crónicas da semana
- Fase de Ascenso á 1ª: O Palmeira araña un punto ante un superior Zas.
- Preferente: O empate do Dumbría dalle a salvación ao XSC.
- Resultados e crónica dunha xornada marcada pola permanencia do XSC e o ascenso do Ameixenda.
Torneos estivais
- Louro, Santa Comba e Sofán acollerán novos torneos estivais.
- Primeira fornada de torneos de básket en Santa Comba, F7 en Zas, e FS en Vimianzo.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Primeiros títulos colleitados
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).