Crema solar
Hai un novo cheirume na cidade. Un vello cheiro que regresa. Que ven a destempo e concentrado. Comeza a cheirar, a recheirar (pois, como digo, vén de volta), a crema solar. O olor - aroma a crema solar (non fago distinción entre as dúas verbas e deixo que a adxetivación posterior a elas matice o seu significado na frase - teima que, nesta cuestión, arrastro dende o Bacharelato -) é un dos olores - aromas que ten o verán.
Existen outros: olor a sardiñas asadas, olor a Aperol Spritz, olor a cerviz de opusina, olor a carnada, olor a porto, olor a chalana, olor a pólvora, olor a puro, olor a terraza, olor a can, olor a herba cortada e por cortar, olor a misa, olor a virxe de pobo, olor a coches caros, olor a turistas, olor a mandrileños, olor a pis, olor a cabalo, olor a pedra, olor a sombra, olor a musgo, olor a xornal, olor a monte, olor a coño.
Un non usou esta crema dende que deixou de ir a praia de Quenxe, ou sexa, dende que deixou de ir a praia cos pais. Meus pais obrigábanme a ir a praia polo das vitaminas, socializar con outros nenos, e todo iso. Ata que un día planteime e non fun máis.
- Yo hoy no voy a la playa.
- ¿Cómo que no?
- Pues no. No me mancho más de arena. Qué asco.
Tampouco me insistiron. A partir dese momento, cada vez que regresei - xa de mozo -, preferín queimarme.
Na vida hai que queimarse nalgo - queimarse con algo - e eu, que levo un tempo queimándome de literatura, de amordesamor, e viño bo - pero barato -, quero facelo tamén - chegado o estío e o astío -, de sol. Quero achicharrarme e sufrir as consecuencias. Pelar, que se di.
- Usted está un poco loco.
- Bueno, pues sí. Pero yo me lo gestiono.
- Ya.
- Hacía tiempo que no aparecía en el artículo, señora. Me dieron recuerdos para usted en el Gavilla.
- Ya ve. Es que está muy elocuente últimamente y no veo necesario venir a rellenarle la columna con mis diálogos.
- Hace bien. Venga, no se enrolle. Hasta otra. Que tengo que seguir.
Dito isto, o verán comeza cando comeza, cando o calendario marca, e non cando a xente quere que comece. Porque, a pesar de que as potrancas da rúa Picavia paseen cada vez máis núas e máis cachondas pola Praza de Lugo, vaian comer o seu bocadillo de La Flor á praia no descanso do almorzo, e cambiaran xa o tanga e os vaqueiros pola saia indie e a ausencia de tanga, a época estival, claramente, razoablemente, non comezou. Unha semana de sol non fai o verán.
Atopámonos aínda en abril e, se ben as temperaturas son máis altas que as normais, agárdanse precipitacións nas vindeiras xornadas coa correspondente baixada de temperatura. Isto sábeno ben os mendigos que viven de fame nos soportais de Facenda, de cara a Riazor, e que aínda non lle sacaron o forro de inverno ao saco de durmir. E é que o clima non volverá a estar para capa española ata o vindeiro inverno, mais a estas alturas do equinocio, tampouco para darse o after sun, carajo.
O que nos falta aos galegos, esquecida a arte de predicir os cambios no clima ollando os elementos naturais que nos rodean - o ceo, o mar… -, é un Pemán que no los indique e interprete. Porque claro, logo, os turistas, cos datos tan precisos que nos ofrecen hoxe pola tele - iso de que vai a chover, e logo non -, anulan reservas ao non cumprirse, os restauradores, a súa vez, deixan de vender, e a cuestión ameaza con rematar como no motín de Esquilache. A
restauración é así, e con toda a razón. Se teñen moito traballo cáganse na puta nai do cliente, e se non teñen consumidores, choran, piden subencións, e ata se poñen violentos cando o felón Sánchez, logo, remátallas por cobrar. Unha carallada. Mais así é.
En fin, bueno, que marcho. Vou a polo bocadillo antes de que lisquen as rapazas.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Semana Santa
- Urxencias.
- De alcaldesas, virxes, santas, secretarias, monxas e demais herbas que o campo nos dá nesta época do ano
- Cambio de hora.
- De pixama e bata.
- Tristana.
- Un gorrión sentimental.
- Dor de gorxa.
- Os bos polos e os polos bos.
- O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida.
- Bar Sanín, Dende 1954.
- Garganta con arena.
- Federico.
- Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino
- Escribindo tonterías.
- Ceevilla ten unha cor especial.
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez