mércores. 30.04.2025
El tiempo
Abraham Trillo
08:43
31/03/25

Cambio de hora

O cambio de hora. Pequeno axuste que nos desaxusta. Manifestación do uso que o ser humano exerce sobre a natureza nesa orxía de reloxos, cordeadas e números que non coñece de sentedido nin lóxica. Unha pantomima da modernidad que non se ve pero que se fai notar no peito coma unha resaca de viño e cervexa .

Os reloxos adiantan, retroceden os corpos. Nadie sabe moi ben por que o facemos nin a quen beneficia ese tirón das manillas que nos desorienta coma o bico dunha noiva que nos saíu.
A razón oficial é que o cambio de hora optimiza o uso da luz solar. Un argumento a altura dese outro que asegura que, se tódolos coches estiveran pintados de azul, o ceo sería menos gris. Alguén o creu, alguén o aprobou, e nós, ovellas do rabaño, seguimos o paso, durmidos, arrastrando os pés, agardando a chegada do día no que se decida que o cambio de hora é unha superstición innecesaria e sen cabida neste mundo sen tempo.

Mentres outros países loitan pola desconexión nun afán de vivir máis aló das fronteiras impostas polo reloxo, nós, agarrados ao calendario, decidimos que a hora é a que dicta o Goberno, o negocio e a gran maquinaria da produtividad.

O cambio de hora pasou a ser unha rutina innecesaria, algo carente de lóxica - como a moda de usar patalóns rotos -. Pero ahí está no noso horizonte de calendario, na boca preocupada da avoa -“ no se te olvide que hoy cambiamos la hora ”-, como o aviso de que o tempo non se detén, a pesares de que, tontos de nós, pensemos que o controlamos.

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios