O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil
Menuda final. O renovado campo de Agra da Filgueira de Louro acollía unha fermosísima final da Copa da Costa Xuvenil 2015. Chegaba o Dumbría como claro favorito. O xa campión copeiro do ano pasado, chegaba tras unha inmaculada temporada xa con dous títulos ligueiros ás costas, pero aínda co obxectivo do ascenso pendente.
En fronte, unha brava e noviña Esteirana, que leva un final de campaña tremendo, e que promete moito para vindeiras temporadas na categoría. O equipo de Tatá aguantou ata a prórroga, pero as forzas flaquearon e o cadro de Lobelos e Leis sumaron un novo título.
Esteirana - Dumbría (3-7)
- ESTEIRANA: Alex, Tiko (Cristian), Bolo (Íker), Rafa (Jaime), Tobío, Damián, Adrián, José, Pablo, Manu e Juan (Brais).
- DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Maikel, Cabana, Canario, Yeray, Cacha, Edu, Mauro, Marcote e Juan de Dora. Tamén xogaron: Charly, Isma, Jose Miguel e os cadetes Pablo e Jorge.
- Goles: 0-1, min.15: Juan de Dora; 0-2, min.20: Marcote a pase de Juan de Dora; 1-2, min.44: Pablo; 2-2, min.48: Jose nun córner; 3-2, min.53: Pablo de falta pola escuadra; 3-3, min.84: Edu; 3-4, min.95: Juan de Dora; 3-5, min.100: Juan de Dora; 3-6, min.115: Marcote; 3-7, min.118: Isma.
- Expulsión: o esteirán Jose no min.60.
Deulle un bo susto o cadro esteirán a todo un Dumbría. O choque comezou con máis nervios dos debidos, e a Esteirana arrincaba con dúas ocasións de Tobío e José que detivo Bruno. A partir de aí asentouse o cadro dumbriés e pronto Juan de Dora fixo o primeiro e doulle o seyndo a Marcote. Era un choque de alternativas e se o Dumbría puido facer o terceiro, a Esteirana ía collendo campo e ao fío do descanso Pablo recurtaba.
De novo o cadro blaugrana sorprendía a un titubeante cadro dumbriés e en dúas xogadas a balón parado Pablo e Edu daban a volta ao marcador. Tocaba remar de novo aos dumbrieses e chegaba aí unha das xogadas do partido, a expulsión (excesiva para os seus) de Jose por unha entrada sobre Cacha. Pesaban os minutos nas pernas blaugranas e coa expulsión moito máis. Empurraba o Dumbría, pero era o tempo de Álex que salvou varias chegadas e facía soñar aos esteiráns que ateigaban, como os dumbrieses, as bancadas do campo loureán, cunha organización, por certo, excepcional.
Pero faltando 6 Álex non puido cun remate de Edu que facía o empate.
Chegaba a prórroga, pero os calambres xa facían demasiada mella no tocado plantel esteirán, que sucumbía ante un moito máis enteiro Dumbría, que barría o partido con 4 novos goles.
Ao final, un novo título para este Dumbría que por fin terá que completar a temporada perfecta co merecido ascenso, pois este equipo ten demostrado ser doutra categoría. Os dumbrieses queren destacar a deportividade da familia esteirá, e se preparan para a Fase.
Polo bando contrario, os de Tatá albiscan un gran futuro. Moitos son xuvenís de primeiro ano que o ano pasado quedaron campións en cadetes. Apenas sobe Pablo e son varios os cadetes, xa titulares onte, que o ano que vén serán xuvenís. Un equipo a ter en conta como favorito o ano que vén.
Crónicas dos Xuvenís
- Copa da Costa 2014: O Dumbría gáñao todo.
- Volta das Semis: Xa temos finalísimas da Copa de Xuvenís.
- Ida das Semis: Corcubión e Esteirana deixan todo para a volta mentres o Dumbría mete un pé na final da Copa da Costa.
- Volta dos Cuartos: Do que non pode pasar nun campo do Fútbol da Costa.
- Ida Cuartos: Só o Dumbría certifica o pase ás semis da Copa da Costa.
- Oitavos: Unha Semana Santa de emocións ca Copa da Costa.
- X.10: Os Miúdos dan o salto.
- X.9: Cabana e Os Miúdos xogaranse a Fase nunha final nas Redondas.
- X.8: O Cabana apreta a Fase de Ascenso.
- X.7: XSC e Camariñas pegan primeiro.
- X.6: Pelexando por acompañar ao Dumbría.
- X.5: A loita pola Fase de Ascenso aprétase e a Copa dispútase por partida doble.
- X.4: O XSC endosa a primeira derrota do curso a todo un Dumbría.
- X.3: O Dumbría ao seu cunha dura loita por detrás.
- X.2: Dumbría e Os Miúdos pegan o estirón.
- X.1: Arrincaron as segundas fases.
- X.18: Un Camariñas campión e os cadros da seguinte fase listos.
- X.17: Cousas que decidir nos dous Grupos Norte e Sur.
- X.16: O Camariñas asalta o liderato mentres XSC, Os Miúdos e Esteirana deixan a loita aberta.
- X.15: Outro título da “Doble L”.
- X.14: Unha loita aberta cando faltan 4 partidos.
- X.13: 7 equipos para 6 postos.
- X.12: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas.
- X.11: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur.
- X.10: 13 equipos en loita:
- X.9: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte.
- X.8: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis.
- X.7: O Sur busca o 3º e abordo e o Norte o trío de cabeza.
- X.6: Pelexando polo podio.
- X.5: Sen dominadores.
- X.4: Os Miúdos frean ao Dumbría mentres Coristanco e Cabana seguen firmes.
- X.3: Xornada de goles “comarea”.
- X.2: Crónicas completas da fin de semana da Barca.
- X1: Arrincaron dúas Ligas con moitas diferencias.
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- Alberto Pose: O premio á eterna humildade.
- O libro dos 50 anos do Fútbol da Costa ten novas citas nas comarcas de Bergantiños e Fisterra.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- Está enfermo o Fútbol da Costa?.
- O Conchido acollerá unha nova edición da Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín.
- César do Cabo e Doro, dous perfectos espellos para as promesas do Dumbría.
- Chema Rei e Xosé María Lema presentan o libro “50 anos da historia do fútbol da Costa”.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).