Recunchos da Costa: O Faro e o Monte Louro

Seguimos percorrendo os Faros e nos achegamos ao faro máis ao sur da nosa Costa da Morte. Un espazo que abrague moito máis que un Faro.

A coñecida como Punta Queixal, acolle ao seu arredor un mar de tesouros. Ás súas costas eríxese un das montañas máis máxicos da comarca, o Monte Louro. Pero é que pola cara norte, a zona linda coa fermosa praia Area Maior, unha das máis salvaxes de toda a costa, que ademais está conectada coa Lagoa das Xalfas unida a través do famoso fenómeno do ingüeiro.

Vistas da lagoa das Xalfas, a praia Area Maior e o Monte Louro

Pola cara sur, pecha a ría de Muros e Noia, mirando en fite a Porto do Son, Portosín ou Boiro, e vendo ao fondo a praia das Barreiras, na zona norte de Corrubedo.

Tes rutas para subir dende o Faro ata o cumio do Monte, ao Pico da Garita, dende onde hai unhas vistas incribles.

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA