A Galería Mulleres grava o 2022 con Belkis Ayón

Arrinca o 2022 e Viki Rivadulla lévanos ata La Habana, para falarnos na Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía, dunha das mellores expoñentes do gravado contemporáneo internacional.

 

La Habana, 1967-1999. Gravadora, dibuxante, curadora e profesora. Considerada dos maiores expoñentes do gravado contemporáneo internacional.

  • 1979-1982 Escola Elemental de Artes Plásticas “20 de Octubre”, La Habana.
  • 1982-1986 Academia de San Alejandro, La Habana.
  • 1986-1991 Licenciatura en graVado, Instituto Superior de Arte (ISA), La Habana.

Traballou as técnicas de gravado-litografía, xilografía, linóleo e colografía e destacou con gran mestría na técnica da colografía - técnica de impresión en relevo con incorporación de elementos texturados na matriz .- na que logrou grandes formatos mediante a ensamblaxe de pezas.

Na súa temática afondou na sociedade secreta Abakuá, orixinal da rexión do Calabar (na actual Nixeria), levada a Cuba polos escravos africanos a principios do século XIX . Comeza a traballar con esta temática en1985. Belkis reinterpreta a lenda dende a súa perspectiva de muller artista, negra, cubana, atea e contemporánea. As obras teñen unha iconografía sobrecolledora, moi atractiva e á vez misteriosa. Moi contemporánea pero tamén fondamente primitiva.

Parte de la leyenda abakuá, pero a súa mensaxe é máis ben política: a loita por el poder ligada á supremacía de xénero. É fundamental a personaxe feminina da lenda, a princesa Sikán que é sacrificada: «Sikán é a personaxe, a naide todos os abakuá, a gran iniciadora sacrificada”.

Coas súas obras, Ayón constrúe un discurso universal contra a marxinalidade, a frustración, o medo, a censura, a intolerancia, a violencia, a impotencia e la falta de liberdade.

A finais dos 90 —tamén da súa vida—traballa con imaxes autorreferenciais asociadas a experiencias personais. Historias de amor desgarradoras, conflitos e dor suxerida xa nos títulos das obras: traición, agonía, soedade, perda de afectos, profundos medos, desasosego, acoso e anguria.

A súa prolífica e marabillosa traxectoria queda truncada cando Belkis se quitou a vida, á idade de 32 anos. Os seus familiares e amigos descoñecen os motivos.

A arte foi o seu xeito de comunicarse. Deixa unha obra grandiosa para a cultura cubana e para o mundo.

Moi recomendable a mostra das súas Colografías no Museo Reina Sofía de Madrid.

ARTIGO RELACIONADO

11 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.