Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres de Muxía lembra a Almudena Grandes

Como non podía ser doutro xeito, o mes de decembro da Galería Mulleres da Biblioteca da Muller de Muxía é para Almudena Grandes. A historiadora e escritrora madrileña marchou para sempre a pasada semana aos 61 anos deixando infindades de textos.
Galeria Mulleres Muxia-ALMUDENA GRANDES
A Galería Mulleres de Muxía lembra a Almudena Grandes

Deuse a coñecer en 1989 con “Las edades de Lulú”, XI Premio La Sonrisa Vertical (levada ao cine por Bigas Luna, nun film transgresor e que marcou un fito). Dende entón colleitou éxitos entre o público lector e a crítica. Mantívose en contacto cos seus seguidores tamén dende as columnas de opinión.

Varias das súas obras foron levadas ao cine. As súas son novelas cun valor reparador para varias xeneracións. Sobre todo para quen se veu excluído da historia. Construídas con rigor histórico, pero cheas de emoción e compromiso. Novelas que contan os séculos XX e XXI, e as vidas das persoas nos tempos máis escuros. A voz das mulleres tamén atopa un lugar destacado na súa escrita comprometida.

“Te llamaré Viernes”, “Malena es un nombre de tango”, “Atlas de geografía humana”, “Los aires difíciles”, “Castillos de cartón”, “El corazón helado”, “Los besos en el pan”, ”Modelos de mujer”, “Estaciones de paso”...Varias mereceron premios, entre outros, o Premio da Fundación Lara, o Premio dos Libreiros de Madrid e o dos de Sevilla, o Rapallo Carige e o Prix Méditerranée. En 2010 publicou “Inés y la alegría” (Premio da Crítica de Madrid, o Premio Iberoamericano de Novela Elena Poniatowska e el Premio Sor Juana Inés de la Cruz), e que é o primeiro título da serie “Episodios de una Guerra Interminable”, ao que seguiron “El lector de Julio Verne”(2012), “Las tres bodas de Manolita” (2014), “Los pacientes del doctor García” (2017, Premio Nacional de Narrativa) e “La madre de Frankenstein” (2020).

No 2020 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola UNED.

Almudena, sempre comprometida coa liberdade e coa vida, deixa un baleiro non solo para os seus seres queridos e amizades, tamén para o público lector e para todas as persoas que sentían a súa voz como un canto reparador ante a escuridade e falta de xustiza, unha voz na que atopan o seu lugar as periferias.

A súa obra é un enorme e valioso traballo contra o esquecemento. Traballadora incansable, deixa rematada a que será a súa última novela.

ARTIGO RELACIONADO

11 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios