Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A padexeira Teresa Portela protagoniza a Galería Mulleres de Muxía

Continúa Viki Rivadulla debullando a historia en clave feminina dende a Biblioteca da Muller de Muxía. Desta volta toca deporte.
cartel Teresa Portela copia
A padexeira Teresa Portela protagoniza a Galería Mulleres de Muxía

Natural de Aldán (Cangas de Morrazo, 1982) Teresa Portela é unha deportista de piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Comezou no piragüismo con 9 anos. Un dos seus retos foi compaxinar a carreira deportiva coa súa formación académica; graduándose en Grao de Fisioterapia e Diplomatura de Maxisterio de Educación Física. Ademais a maternidade plantexóulle tamén o reto de conciliar o seu traballo coa vida familiar.

Ten un extenso palmarés do que destacamos:

  • Ganadora de 15 medallas nos Campionatos do Mundo de Piragüismo entre os anos 2001 e 2019.
  • 18 medallas nos Campionatos de Europa de Piragüismo entre os anos 2001 e 2013.
  • Nos Xogos Mediterráneos, 2 medallas de prata nos anos 2005 e 2009 en K1 500 metros e medalla de ouro no 2018 en K1 200 metros.
  • Participou en 6 Xogos Olímpicos de Verán, dende o ano 2000: 5º lugar en Atenas 2004 (nas probas de K2 500 metros e K4 500 metros), 5º lugar en Pequín 2008 (K4 500 metros), 4º lugar en Londres 2012 (K1 200 metros) e 6º lugar en Río de Xaneiro 2016 (K1 200 metros), medalla de prata en Tokio 2020.

Fotografía e información recollida da súa web teresaportela.weboficial.net.

ARTIGO RELACIONADO

11 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios