A Xunta non califica a mina de Corcoesto como Proxecto Industrial Estratéxico


Era un dos perigos que máis temían as plataformas contrarias á mina de ouro de Corcoesto. I é que a catalogación do proxecto mineiro como Proxecto Industrial Estratéxico converteríao en case que unha realidade, ademais, allea ás restricións medioamabientais habituais.
Pois o IGAPE, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas está a tramitar o expediente mineiro de Corcoesto, que vén de ser analizado pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños.Entre a documentación, figura un informe do IGAPE que sinala que "o proxecto mineiro de Corcoesto non é estratéxico no sentido definido como tal pola Lei 13/2011 de política industrial de Galicia". Este informe do IGAPE, no apartado relativo ao cumprimento dos requisitos "para a consideración de proxecto de interese estratéxico segundo a citada lei, sinala que, a pesar de ter un investimento superior aos 50 millóns de euros, non alcanza os 250 postos de traballo directos e non supón a consolidación dos mesmos no futuro, debido ao carácter finito da explotación".
Segundo a Plataforma, "o informe continúa sinalando que o proxecto non supón unha expansión "significativa" do tecido industrial galego, xa que os postos de traballo, computando directos e indirectos, supoñen un 0,0019% da poboación ocupada no sector industrial e o volume de negocios anual previsto, para o ano de maiores vendas, supón un 0,0038% do total do sector industrial. A maiores o proxecto tampouco repercute na consolidación do tecido industrial galego, xa que se trata dun proxecto de explotación que prevé un ciclo produtivo de 8,5 anos e que non consolida os postos de traballo".
Para a Plataforma, ademais de incumprir todos estes requisitos que sinala o IGAPE, "incumpre outro indispensable que xa foi posto de manifesto nas diversas alegacións presentadas, que é o da importancia tecnolóxica". Neste sentido, a Plataforma recorda que "o proxecto mineiro de Corcoesto destaca polo emprego do cianuro no proceso de extracción do ouro, que é unha tecnoloxía altamente contaminante e prohibida na minaría en países como Alemaña, a República Checa, Hungría ou Turquía, e que mesmo existe unha resolución do Parlamento Europeo do 5 de maio de 2010, pola que se insta aos estados membros á prohibición xeral do uso das tecnoloxías mineiras en base o cianuro dentro do conxunto da Unión Europea".
Así e todo, dende a Plataforma non cantan vitoria e temen que estas medidas, como o expediente aberto á empresa a semana pasada sexan só unha "cortina de fume" ante o rexeitamento social.
Novas relacionadas
- 02-08-13: A Xunta abre expediente á Mineira de Corcoesto por supostas sondaxes ilegais.
- 29-07-13: Veciños de Coristanco denuncian á Mineira, a Augas, ao Concello e á Xunta.
- 23-07-13: O BNG de Vimianzo tamén se posiciona contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 22-07-13: Portozás volveu a Laxe en clave de lembranza e loita.
- 10-07-13: Diferentes reaccións ao anuncio da Xunta de paralizar a mina de Corcoesto.
- 09-07-13: A Xunta paraliza a mina de Corcoesto.
- 08-07-13: ADEGA volve pedir a anulación da Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 05-07-13: Medio millar de persoas berraron o Mina Si en Santiago.
- 01-07-13: Denuncian a destrución dun símbolo creado na loita contra a mina.
- 25-06-13: Denuncian que as sondaxes sen autorización da mina deixan sen auga a veciños de Coristanco.
- 20-06-13: A Plataforma de Corcoesto volven denunciar a censura do alcalde para cos seus actos informativos.
- 18-06-13: Os proxectos mineiros a debate en Irmandade TV.
- 17-06-13: Denuncian sondeos ilegais da empresa mineira.
- 10-06-13: Novas denuncias medioambientais e coercitivas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 07-06-13: Corcoesto Si quere involucrar aos EuroDeputados españois.
- 04-06-13: Corcoesto convertirase no epicentro do gran cinto de ouro galego.
- 03-06-13: Galicia berrou contra a megaminería.
- 30-05-13: Completo repaso á actividade mineira dunha loita que se extende a Zas e Santa Comba.
- 21-05-13: Voces públicas contra a megaminaría en Galicia.
- 19-05-13: Corcoesto une a acción contra a minaría de Galicia.
- 13-05-13: Corcoesto Si organiza unha marcha nocturna mentres os contrarios denuncian acosos a propietarios.
- 06-05-13: A mina de ouro de Corcoesto chega á Defensora del Pueblo.
- 02-05-13: O BNG pide unha comparecencia pública de Egdewater.
- 25-04-13: A mina de ouro estivo presente dentro e fóra do Parlamento.
- 22-04-13: Defenden as charlas informativas contra a mina nos centros de ensino.
- 15-04-13: Bergantiños sae á rúa.
- 08-04-13: Os tractores tamén din non á mina.
- 05-04-13: A Plataforma “Mina Si” denunciará as charlas contrarias ao proxecto nos centros educativos.
- 02-04-13: En marcha a tractorada e a manifestación contra a mina de ouro.
- 25-03-13: Unha tractorada e unha nova conferencia contra a mina.
- 22-03-13: As plataformas achegan a información sobre a mina que non dan as administracións.
- 11-03-13: Carta aberta ao alcalde de Coristanco sobre a mina de ouro.
- 06-03-12: A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto.
- 24-02-13: Unha concentración a favor da mina e dos postos de traballo.
- 21-02-13: A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor.
- 20-02-13: A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais.
- 18-02-13: Un milleiro de persoas secundaron Enterro de Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 16-02-13: A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina.
- 14-02-13: A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 11-02-13: Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 07-02-13: O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto.
- 04-02-13: Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina.
- 04-01-13: Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro.
- 29-01-13: Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas.
- 28-01-13: Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa”.
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Artigos relacionados
- Cantares de Cego: O libro ‘Versus cianuro’ é unha realidade viva.
- O prezo do ouro, un artigo de María Pilar García Negro.
- Miñanco tampouco quere mina de ouro.
- A política e o ouro, por Xurxo Borrazás.
- Hermanager Humor: Hermanager Humor: Tractores contra o ouro.
- Hermanager Humor: De minas e corrupción.
- Xabier García: Esperta do teu sono Fogar de Breogán.
- Xabier Gacía: Contramínate.
- “Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”. Un artigo da Química Carmen Varela.
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).