venres. 09.05.2025
El tiempo

Corcoesto Si tamén se manifesta no Parlamento de Galicia pola demora da mina

Corcoesto Si tamén se manifesta no Parlamento de Galicia pola demora da mina

A asociación vecinal Corcoesto Si, Mina Si quere mostrar o seu rexeitamento á demora que está sufrindo a aprobación do proxecto mineiro de Corcoesto. Por iso, convocan unha concentración diante do Edifico do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela para o vindeiro xoves, 4 de xullo, desde as 12.00h ata as 13.00h.

A Plataforma amosa así o seu "desacordo coa actual actitude da Xunta, que, malia a súa inicial bienvenida a este tipo de iniciativas sectoriales, agora frea, coa súa falta de dilixencia, as actividades minero/industriais".

Para a asociación "o proxecto cumple a actual lexislación minera e medioambiental europea, como demostrou a aprobación do impacto medioambiental", moi criticada dende os grupos opositores.

A asociación aproveita para criticar ás entidades contrarias á mena asegurando que as súas "afirmacións, carentes de base científica, publícanse libremente en diferentes medios cunha estratexia claramente manipuladora sen máis afán que o de asustar á poboación e demonizar a minería". E por iso "lamentan profundamente a innecesaria crispación social que se está provocando".

Por suposto, rematan a nota recordando o argumento máis utilizado a favor do proxecto mineiro, o dos postos de traballo.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa da Asociación Corcoesto Si, Mina Si.

Comentarios