Pois iso
Resulta que Aarón foille formando unha pinacoteca á moza para rematar reclamándolla logo, no post noivazgo do resentemento.
- Pero no digas pinacoteca, hombre. Que eso un inglés no lo entiende.
- ¿Cómo que no entiende?
- Es una palabra muy rebuscada. Intenta que tu lenguaje sea más asequible al público.
- ¿Más asequible? ¿Asequible para qué?
- Para que te pueda entender un inglés.
- Ah, bueno. Ya. Pues el inglés que se apunte a clases.
Dicíamos que a pinacoteca, isto é o conxunto de cadros que o meu amigo Aarón lle foi mercando a súa moza durante o tempo no que se mantivo a súa relación, estaba composta por unhas cantas obras de diversas autorías, estilos e tamaños, algún mellor ca outro - pero todos moi queridos -, réplicas - a maioría - a excepción de tres ou catro orixinais. A guía para compralos era a pura intuición. Se Aarón notaba que lle encantaría colgar aquelo na súa casa - na súa casa propia -, mercábao - ou pasaba un par de semanas aforrando para poder facelo - e regaláballo a súa moza. Aarón, aínda que amigo, é dese tipo de persoas incomprensibles que, efectivamente, o que lle gusta para si, remata regalándoo.
Este miralos nas tendas ata acadar conseguilos, este detallismo que chegaba á dedicatoria, este fabular durante o empaquetamento co moito que lle iban a gustar a ela, fixo que ao valor económico de cada obra se lle sumara o sentimental. Polo que me contou a pasada tarde, eu penso que, na súa repugnante reclamación (non hai que reclamar nunca o que se ten regalado, por Deus), foi precisamente o que quixo salvar, salvar a parte sentimental, salvar o que de si mesmo quedara dentro dos cadros. Neste punto, tan só podo compadecelo.
A Aarón, que actuou nun ataque de ira, rabia e resentemento, dalle mágoa a súa actuación e cóntamo, e entristécese pensando nas zonas que tiveron que quedar baleiras nas paredes da casa da súa ex, e en como ela as irá enchendo de novo con outros óleos e outros mozos.
- No te preocupes, hombre. Seguro que a ella le da igual. Además, de salvar algo en el naufragio que es toda ruptura, por lo menos que sean los cuadros, ¿no?
E quedo calado, e non lle digo máis porque non sei que máis dicirlle, moi satisfeito no meu egocentrismo - iso si - por ter empregado a imaxe do naufraxio. Porque meu amigo segue falando, pero eu xa desconectei e penso no que ten escrito Neruda - sátiro, mal pai, e poeta. Moi querido por unha ex miña, aquí todos temos “exes” - e logo cantado Paco Ibáñez. “Todo en ti fue naufragio”. Pois iso.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
 
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Antes que nada.
 - Apagón.
 - Semana Santa
 - Urxencias.
 - De alcaldesas, virxes, santas, secretarias, monxas e demais herbas que o campo nos dá nesta época do ano
 - Cambio de hora.
 - De pixama e bata.
 - Tristana.
 - Un gorrión sentimental.
 - Dor de gorxa.
 - Os bos polos e os polos bos.
 - O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida.
 - Bar Sanín, Dende 1954.
 - Garganta con arena.
 - Federico.
 - Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino
 - Escribindo tonterías.
 - Ceevilla ten unha cor especial.
 - Últimos días para Fin de Ano
 - Jou, jou, jou.
 - De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
 - Aire!
 - Merca o décimo e que che quiten o bailado.
 - Álvaro Pombo existe.
 - Vai por tempadas.
 - Defuntos
 - Amancio Prada e os que van con el.
 - A apoloxista de Cortázar
 - “A muller de ollos mouros e intensos”
 - Voltar a Hemingway
 - Viva la vida! Viva el amor!
 - Polo amor de Fidel.
 - Luns sen artigo... Ya se verá
 - “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
 - Hastag #Xunqueira2024
 - Mar de ardora
 - Síguenos receitando.
 - 240.
 - Posta de (non) sol.
 - Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
 - Memorias de un mujeriego.
 - Adnama.
 - A comprar xenxibre.
 - Habaneras de La Coruña
 - Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
 - Cen viños máis cen libros.
 - Letras Galegas
 - Escribir sen escribir.
 - No tan Gotán.
 - San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
 - Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
 - De Pla y María Dolores.
 - Venres Santo.
 - E o neno de Sanlúcar volveu brillar
 - O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
 - García Márquez