Apagón

Niño Becerra - dende o seu abecerramento de neno, dende o seu anenamento de becerra - dende a súa barba sabia de matador de Moby Dick, barba de señor profético e acertador, vennos a falar en chinés, isto é a falar de números e porcentaxes. A Niño Becerra, coma ao
médico, fágolle caso en todo porque non entendo nada do que di. Conste que non entender nada do que din non quere dicir que non entenda o que queren dicir, ou sexa, o que resumen, o que concretan, en definitiva, o que realmente queren expresar despexadas as incógnitas matemáticas, casuísticas, e clínicas. Neste caso, que España vai a merda.
O médico dime que estou moi san, e eu fíome porque só cando o médicomedicos - teño uns cantos e todos amigos - me comunican que estou ben, atópome realmente saudable (aos cinco minutos xa se me volven a colapsar os pulmóns, ceder as pernas, e doer a cabeza). Niño Becerra, á súa vez, dime - dille a toda a poboación española - que o apagón voltarase a producir - seguramente en verán -. Ao experto Becerra, ao mestre Becerra, fágolle caso, tamén como a os facultativos, cegamente, pois non llo vou a facer ao psicópata e mintireiro patolóxico do Presidente do Goberno, claro, que é quen dá o parte.
O día do apagón, na cidade da Coruña, os coches circularon sen ocasionar incidencias a pesares de que os semáforos deixaron de funcionar. Algúns bares abriron para dar o seu servizo habitual. Outra xente, foi a praia. Tamén houbo quen quedou na casa, lendo a Valle a luz das candeas. Os nenos, sen electricidade que alimentase as pantallas, voltaron a xogar coa pelota. E eu saín a rúa para facer a crónica da guerra, da invasión marciá, ou do que fose aquilo. Saín a rúa a facer a crónica da resistencia dunha cidade, relato que sacaron ao día seguinte os do Xornal da Coruña nas páxinas de sociedade.
Cando voltou a conexión aos móviles, chegáronme os wassaps atrasados. Algún deles eran de antigas amigas dicindo que a marcha da luz as collera co satisfyer descargado. Bueno, e cal é o problema, resposteille en canto poiden. O problema era, segundo a maioría delas explicou, que esqueceran o acto de executar a nobre arte da masturbación de forma clásica, isto é a man e con paciencia. Así as cousas.
As medidas que lles axudei a tomar, escoitado o seu requerimiento, xa quedan para outro artigo.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Semana Santa
- Urxencias.
- De alcaldesas, virxes, santas, secretarias, monxas e demais herbas que o campo nos dá nesta época do ano
- Cambio de hora.
- De pixama e bata.
- Tristana.
- Un gorrión sentimental.
- Dor de gorxa.
- Os bos polos e os polos bos.
- O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida.
- Bar Sanín, Dende 1954.
- Garganta con arena.
- Federico.
- Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino
- Escribindo tonterías.
- Ceevilla ten unha cor especial.
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez