Venres. 26.04.2024
El tiempo

Batalla legal polas siglas Corcoesto Si, Mina Si

Batalla legal polas siglas Corcoesto Si, Mina Si
Corcoesto Si Mina Si

Quen é o dono das siglas Corcoesto Si, Mina Si, a única asociación que ata o de agora defendía o proxecto mineiro en Corcoesto?. Nas últimas semanas iniciouse unha batalla legal para ver quen tutela esta organización.

E é que unha das que exercía como portavoz da mesma, Julia Álvarez, acaba de denunciar pola vía penal a outros dous compañeiros aos que acusa de apropiarse do nome para utilizar a asociación en contra, precisamente, do megaproxecto mineiro.

Hai uns días, Álvarez anunciaba que a Asociación Corcoesto Si, Mina Si, presentaba unha denuncia pola vía penal contra José Manuel Andrade Calvo e Ana Martina Varela Velo. Acúsaos de apropiación das siglas e de convocar reunións ilegais da mencionada plataforma a través da asociación Traída Fonte do Castro para levantar "actas ilegais".

Novas denuncias

Este luns, a mesma representante volveu remitir un comunicado, pero nesta ocasión desde a Asociación Petón de Lobo, unha asociación que, por outra banda, constituíuse con fins exclusivamente culturais no ano 2001, e que está sen actividade desde o ano 2002.

Neste comunicado, insiste na súa denuncia contra Varela Velo por "convocar lexitimamente reunión algunha e usurpando os cargos de quen eran membros elixidos" de Corcoesto Si, Mina Si, e anuncia a presentación doutra denuncia contra ela por presunto delito de acusación e denuncia falsa.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Nova do diario colaborador GC.

Comentarios