Como comer un coño sen manchar o bigote

Pois ben, agora que conseguín captar a túa atención e logrei que te puxeras a ler estas liñas, non penses -
querido lector - que intento burlarme de ti ao xerar unhas espectativas que, como verás, non se van cumprir
en canto a que o encabezamento deste texto nada ten que ver co que nel se vai a contar. No artículismo hai
moita competencia. A cousa está moi mal e, non temo utilizar as miñas armas da maneira máis expúrea para
contar coa túa prezada atención. Pero bueno, xa cho estou recoñecendo. Non te queixes. Malabares a parte, o
que realmente quero dicirche é que…

Vin a Coruña a por unha acreditación de tipo académico. Marcho cunha columna na comarca e setenta e
catro artigos; oito bares, mil trescentas cancións, dous ou tres amigos, unha capa española, dúas praias, algún
concerto, catro librarías de vello, unha muller perdida no medio das páxinas, tres cafeterías, corenta libros,
doce películas, dous pares de vicios novos e o agravamento - ou incrementación - doutros antigos; unha
ducia de sorrisos, un par de vaqueiros, outro de zapatos, catro teimas e tres despreocupacións; uns cantos
millóns de whatssaps, medio frasco de colonia, unha bolsa de man nova, unha Burberry implanchable, tres
estacións elevadas ao cadrado, e o mesmo dor de gorxa ca de costume.

A Coruña viñen a por un título que, unha vez gañado, non me fixo sentir a menor felicidade.

Decateime xusto cando saía de recollelo, agardando no paso de peóns a que a luciña mudara a verde. No
paso de peóns, de non ser tan breves os momentos de espera, un podería reflexionar moito. Esta ledicia que,
de ser unha persoa normal, debería ter experimentado, tal vez se atope algo empañada por outras cousas. Se
cadra, polas voces - ou polo recordo das voces -, deses tres nenos aos que quixen durante once semanas a
media xornada e que probablemente non sexa capaz de recoñecer daquí a un lustro, cando mos cruce na rúa,
a non ser que vaian acompañados polas súas nais. E, probablemente, nin con esas. Porque a cara - e o corpo -
dos rapaces de tan breve idade, cambian rápido.

- ¡Pues hay que alegrase, hombre! La vida es un tango y la muerte un pasodoble.
- Pero, ¿qué dice usted?
- ¡Que hay que quedarse con lo bueno!
- No, no. Ya. Si ahora que me dieron la cartulina esa con mi nombre, la enmarco. Eso fijo.
- Si es que no hay nada como un buen título colgado en la sala de recibir.
- Ya me lo parece.

 

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO