Los ilusionistas

A min sempre me gustou o escritor que - máis que inventarme unha novela de aventuras imaxinaria, inspirada nalgún lugar da Bretaña Francesa, con gnomos, dragóns, princesas e outras criaturas fantásticas -, me conta a súa vida. Porque só cando falamos de nós mesmos na páxina estamos reflectindo a realidade que tamén vive o lector, que - máis alá de de cuestións relacionadas co voyeurismo -, é o que quere. O que nos vai a os lectores é que nos conten a nosa propia vida - queremos lernos a nós mesmos, sentirnos identificados, no libro que nos ocupa -, e isto tan só se logra cando o escritor cumpre coa súa parte e cóntanos a del. Máis ou menos, claro, e salvando as distancias que sexa preciso salvar, posto que tódalas vidas son iguais no que aos sentires básicos se refire: o amor, o sexo, a guerra, o desexo de morrer, as gañas de matar… O importante é como se conte.
A Marcos, atópomo eu no verán polo pobo facendo vida de mortal, observando os barcos de vela que navegan a ría, facendo a compra no ultramarinos, ou de charla con amigos. Todo moi cotidiano. Pero resulta que logo sorpréndeme - sorpréndenos - cun texto coma o que remata de publicar (“Los ilusionistas”, Editorial Anagrama). E é que, o mero feito de poñerse a tratar un tema como o das relacións que se establecen dentro da institución familiar, así como das distintas vicisitudes ás que adoita encarar esta - acértese logo, ou non, en dar coa medida da obxetividade necesaria chegada a hora de abordar o asunto… “La familia es territorio de la memoria. “ - , ten un valor especial, máis aínda cando se expresa co estilo sutil e ao tempo incisivo que domina Giralt - quen non dubida en tocar puntos incómodos a hora de relatar a súa relación con certos persoaxes se o cre preciso para chegar ata o fondo e cumprir co seu obxetivo: respostar a pregunta de “¿Qué nos hace ser como somos?“. En moitas ocasións parece conseguilo, se ben finalmente resulta imposible. Cito literal: “ Nada nos explica de un modo indubitable. Falta el misterio y faltan los pasos entrelazados que sin quererlo trazan una trayectoria“.-. A labor de Marcos ao se enfrentar a este libro, non fai máis que resaltar a valentía e a honestidade precisas para facerse o harakiri fronte a folla en branco. Ou sexa, para facer literatura con maiúsculas. Os que pretendemos aprender del, agradecémosllo.
O pasado día cinco, poiden acudir a presentación do libro do que hoxe tratamos. Algúns, polas críticas literarias que lin, viron nel o libro do avó. Eu, logo de ter a oportunidade de escoitalo, coma digo, na librería coruñesa “Moito conto”, vin o libro do neno Marcos. Como quixo explicar durante a conversa que mantivo co tamén escritor Xesús Fraga, en “ Los ilusionistas”, pódese ver que a presenza que Torrente Ballester ocupa no texto é proporcional a que a súa vez ocupou na vida dos seus familiares. Abonda con ler o libro como eu o fixen - na estación de autobuses, na cama, nas cafeterías de Corcubión e Cee (S. A. dime entre risas que non me esqueza de comentar neste artígo que en Cee tamén se toma un bo café. E así o fago, pois é certo) - para ver que o autor non pretende sacar rédito algún da invocación de ningunha persoaxe do seu entorno familiar, se non facerlle unha autopsia a todos eles - hercúleo traballo co que consigue facersa a si mesmo e aínda a todos nós, tamén, en canto a que o lemos -. Grazas, e saúde para seguir contando.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Domingo.
- Pois iso.
- Antes que nada.
- Apagón.
- Semana Santa
- Urxencias.
- De alcaldesas, virxes, santas, secretarias, monxas e demais herbas que o campo nos dá nesta época do ano
- Cambio de hora.
- De pixama e bata.
- Tristana.
- Un gorrión sentimental.
- Dor de gorxa.
- Os bos polos e os polos bos.
- O novo Carrumeiro. O Carrumeiro de toda a vida.
- Bar Sanín, Dende 1954.
- Garganta con arena.
- Federico.
- Onde din Centro Recreativo Cultural digo Casino
- Escribindo tonterías.
- Ceevilla ten unha cor especial.
- Últimos días para Fin de Ano
- Jou, jou, jou.
- De Casares Quiroga a La Flor del Jamón pasando por Juan Carlos Monedero
- Aire!
- Merca o décimo e que che quiten o bailado.
- Álvaro Pombo existe.
- Vai por tempadas.
- Defuntos
- Amancio Prada e os que van con el.
- A apoloxista de Cortázar
- “A muller de ollos mouros e intensos”
- Voltar a Hemingway
- Viva la vida! Viva el amor!
- Polo amor de Fidel.
- Luns sen artigo... Ya se verá
- “Detrás de la niebla siempre hay algo”.
- Hastag #Xunqueira2024
- Mar de ardora
- Síguenos receitando.
- 240.
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez