A Galería Mulleres descóbrenos a Isabel Pakarati, tesouro humano vivo

  • Neste mes de abril, Viki Rivadulla e a Biblioteca da Muller lévanos ata o medio do Pacífico, concretamente á Illa de Pascua, para descubrirnos unha auténtica portadora de patrimonio cultural inmaterial.

Isabel Pakarati Rapa Nui, 1951. Sabia ancestral da illa de Rapa Nui. Recoñecida en 2017 tesouro humano vivo, portadora de patrimonio cultural inmaterial. Este recoñecemento é para persoas que fan aportes significativos para manter o patrimonio cultural inmaterial.

A súa familia de músicos e artesáns tivo un papel fundamental na difusión e conservación das artes locais. Isabel crece no seo dunha familia tan importante para o seu pobo, o que fixo dela unha representante importantísima da tradición Rapa Nui.

Conservadora da tradición do Kai Kai, xogos de fíos que relatan a memoria histórica da comunidade. Esta disciplina une canto, xestualidade e tradición oral. Isabel introduciuse aos cinco anos de idade no Kai Kai como aprendiz da súa nai, Amelia Tepano e agora ela é unha firme recuperadora desta tradición

A súa principal ferramenta é a educación, impartindo obradoiros en centros educacionais nos que ensina a lingua e a cultura Rapa Nui e deixando semente nas novas xeracións.

13 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.
  •