xoves. 16.01.2025
El tiempo

A india Janaki Ammal protagoniza o xaneiro da Galería Mulleres

  • Volve Viki Rivadulla dende a Biblioteca da Muller repasar a historia en nome de muller.
Galeria Mulleres Muxia- JANNAKI AMMAL
Galeria Mull
A india Janaki Ammal protagoniza o xaneiro da Galería Mulleres

Janaki Ammal Tellichery, Kerala (1897-1984). Botánica e citóloga india. Realizou importantes contribucións á cito xenética e á xeo botánica. Entre os seus traballos máis notables podemos atopar estudos sobre a cana do azucre e a berenxena; ademais recolleu varios exemplares con valor medicinal e económico no bosque tropical de Kerala.

Pertencía a unha familia numerosa con seis irmáns e cinco irmás. A súa inspiración foi o seu pai, xuíz de profesión, pero moi interesado nas ciencias naturais. Estudou Botánica e obtivo a licenciatura en Queen Mary  ́s College, e o grao honorífico en botánica no Presidency College en 1921, onde adquiriu a paixón pola cito xenética. Foi bolseira para ir Estados Unidos, onde obtivo o seu título en botánica en 1926, e logo o seu doutoramento en 1931 coa súa tese “Estudos de cromosoma en Nicandra Physaloides”. Estudou onde se distribuía a cana de azucre na India, así como a creación dunha cepa desta planta que tivese mellor rendemento nas condicións xeográficas dese país. Con todo debido á súa condición de muller solteira, foi discriminada polos seus colegas homes, o que produciu diferenzas irreconciliables. Aínda así foi elixida por Sir C. V. Raman, Premio Nobel de Física, para formar parte da Academia de Ciencias India como investigadora.

No medio da Segunda Guerra Mundial Janaki seguiu as súas investigacións en Inglaterra como asistente en citoloxía de C. D. Darlington, no Instituto de Horticultura John Innes. Xuntos publicaron o Atlas de Cromosoma de Plantas Cultivadas, onde Janaki expuxo os seus estudos sobre o número de cromosomas de diversas plantas que contribuíron a entender a evolución destas especies e as súas variedades. Continuou as súas investigacións en cito xenética na Sociedade Real de Horticultura enfocada principalmente nas magnolias, polo cal tras a súa morte nomearon a unha variedade Magnolia  obus Janaki Ammal na súa honra.

En 1951 foi convidada por primeiro ministro indio Jawaharlal Nehru para reestruturar o Arquivo Botánico da India, enfocado en catastrar e investigar a flora nativa dese país.

En 1977 foi premiada co Padma Shri , alto recoñecemento civil na India, e no ano 2000 o Ministerio Forestal e do Medio Ambiente creou o Premio Nacional de Taxonomía no seu nome. Ademais, como homenaxe a ela, instalouse en Jammu Tawi un herbario con máis de 25 000 especies. Nos seus últimos anos de vida continuou publicando estudos sobre plantas medicinais e etnobotánica na Universidade de Madrás, onde ademais creou un xardín de plantas medicinais. Viviu e traballou en e Centre’s Field Laboratory en Maduravoyar, preto de Madrás, ata que faleceu con 87 anos. Janaki faleceu mentres traballaba no seu laboratorio.

Apaixonada pola botánica, traballadora incansable vestía as típicas roupas indias e dispoñía de poucas posesións. Seguiu o estilo de vida de Gandhi, e a xente tiña un gran respecto polo seu sentido ético. Foi tamén activista ambiental e participou en varias protestas.

12 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios