Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Galería Mulleres visibiliza a arte feminina a través de Rosario Sarmiento

Tras cumplir 12 anos, a boa de Viki Rivadulla segue mantendo viva esta viaxe pola historia en clave de muller. A Galería Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía preséntanos hoxe á súa 145ª historia, desta volta, repasando a vida de Rosario Sarmiento (Santander, 1957), licenciada en Historia, critica de arte e comisaria de exposicións, xestora cultural e especialista en coleccionismo e na historia da arte da muller en Galicia.
cartel Rosario Sarmiento Galeria Mulleres Muxia
A Galería Mulleres visibiliza a arte feminina a través de Rosario Sarmiento

O traballo de Rosario contribúe decisivamente a facer visibles aás mulleres artistas. Con máis de 30 anos de experiencia profesional, dirixiu a colección de arte de Caixa Galicia, e foi subdirectora da Fundación Caixa Galicia.
Dirixiu o documental “ARTE+MULLER+GALICIA”, Premio “Luisa Villalta” de Cultura e Igualdade da Deputacion da Coruña no ano 2018.

Ten comisariado e organizado, entre outras, exposicións de artistas como Eduardo Chillida, Francisco Leiro, Picasso, Julia Minguillón, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Joan Miró, Isaac Diaz Pardo, Frida Kahlo, Diego Rivera, Manuel Millares, Jannis Kounellis, Yves Saint Laurent: Dialogos con el arte, Leopoldo Nóvoa, Mulleres do Silencio: de Maruja Mallo a Angela de la Cruz e Lolita Díaz Baliño: a realidade soñada...

Foi crítica de arte de La Voz de Galicia (1992-1996), Radio Coruña Cadena SER, (2012-2014) e na actualidade no Diario Cultural da RTVG. Colaborou tamén en revistas especializadas como Arte Ibérica, Arte Omega e Arco Noticias, Luzes, Mundiario e Sermos Galiza. É autora e coautora de artigos e diversas publicacións de temática artistica. Membro da comisión de Artes Visuais do Consello da Cultura Galega, é tamén membro colaborador do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, da asociación MAV ( Mulleres na Artes Visuais), IAC (Instituto da Arte Contemporánea) e da Asociación Galega de Criticos de Arte.

Tendes máis información en www.rosariosarmiento.gal.

12 ANOS DA GALERÍA MULLERES MUXÍA

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios