Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O Concello carballés comprométese ca loita contra a mina

O Concello carballés comprométese ca loita contra a mina
As plataformas contra a mina no Pleno de Carballo-Foto-Contraminate

Onte luns 28 de outubro tocaba pleno en Carballo. Pleno ao que acodía a Plataforma Pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños para intervir preguntando o posicionamento do Concello contra a mina de Corcoesto. A plataforma Contramínate tamén estivo alí apoiando esta iniciativa popular.

Dispuxeron os membros da Plataforma de 12 minutos de intervención nos que Raquel Bello Varela e Roi Veres Martínez expuxeron a súa postura, para de contado proceder a unha rolda de posicións dos correspondentes grupos. Evidentemente non houbo posibilidade de votación ao falarmos dunha intervención externa, pero o asunto, como veremos a continuación, si que será votado no vindeiro pleno.

Comezaba o PP mantendo o discurso institucional, e Terra Galega asegurando que estaban en contra desta mina pero que necesitaban máis información. Os que si que se comprometeron a levar unha moción no seguinte pleno do 25 de novembro foron os grupos do BNG e do PSOE. Ambos aseguraron que presentarían conxuntamente, e cos grupos que queiran unirse, unha moción cos puntos marcados pola Plataforma, que incluirían unha declaración en contra da megaminaría destrutiva e mais unha petición para dirixirse ao Parlamento Galego coa intención de que prohiba o uso do cianuro.

Alberto Sueiro deixa a política

Alberto Sueiro deixa o seu escano tras 10 anos na politica

O pleno serviu tamén para despedir 10 anos de política de Alberto Sueiro. O ata agora voceiro do PP carballés deixa a política. Vémolo no centro da imaxe, a carón do que será o número 1 do partido a partir de agora ao ser o seguinte na listaxe, Miguel Ferreiro -dereita-; e do concelleiro Juan Carlos Castro.

O bo ton da despedida reflicte moi ben algo pouco habitual en política: o respecto entre grupos políticos. A vida municipal leva sendo durante anos un exemplo de convivencia para toda a bisbarra.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios